O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de A Coruña acordou nun auto aceptar as solicitudes do Concello de Sada e da Xunta de Galicia para intervir no proceso iniciado polo Estado o pasado mes de xullo para reclamarlle á familia Franco a propiedade do pazo de Meirás.
As administracións adhírense deste xeito ó procedemento xudicial, pero non teñen carácter autónomo, pois a súa lexitimación para intervir está subordinada á parte demandante, é decir, ó Estado. Tanto o Concello como a Xunta, por tanto, intervirán no proceso en calidade de parte co-axudante adhesiva simple do demandante.
A maxistrada considera no auto que as dúas administracións teñen un interese directo e lexítimo na causa e estima os argumentos que presentaron nas súas solicitudes. Á hora de acordar a súa intervención no proceso tivo en conta o papel relevante do Concello de Sada nas accións tendentes a recuperar o pazo, así como que, segundo o Concello, non solo se pretende a recuperación do patrimonio, senon darlle un uso público. En canto á Xunta, a resolución sinala que o Parlamento de Galicia foi quen iniciou as accións para recuperar o ben, que foi declarado no 2008 pola comunidade autónoma ben de interese cultural, coa categoría de sitio histórico. Ademáis, indica que o Goberno autonómico ostenta as competencias respecto a protección do patrimonio.
Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.
Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…
Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…
Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…
Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…
El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…
Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…