O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle a razón ó Sindicato Central Unitaria de Traballadores (CUT) que denunciou á Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) por esquirolaxe interno ó sustituir a unha folguista por outro traballador da propia empresa.
Nunha sentencia do pasado 26 de abril, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia constata que a presentadora habitual do informativo decidiu acollerse ó seu dereito á folga feminista durante toda a xornada laboral polo que non acudeu ó seu posto de traballo sendo sustituida polo propio editor do programa que, en situacións ordinarias, non ten asignada tal función. Neste senso, o xulgado da por probados os feitos e encádraos, de conformidade co Real Decreto-Ley 17/1977, dentro do denominado esquirolaxe interno.
O fallo xudicial recorda que a prohibición da sustitución interna dos traballadores é consecuente coa necesidade de garantizar a efectividade do dereito fundamental en xogo y que cando as funcións propias dos traballadores que deciden secundar a folga son realizadas por outros traballadores da mesma empresa que, normalmente desempeñan outras funcións, enténdese lesionado dito dereito.
A sentencia ten en conta que a principal reivindicación de dita movilización é a igualdade real das mulleres no mundo laboral e que, como sinala o sindicato CUT, trátase de visibilizar as consecuencias da ausencia das mulleres traballadoras nos seus postos de traballo. Por este motivo, o fallo declara que non son visibles se a ausencia de dita traballadora fémina é suplida por un traballador varón.
De este xeito, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declara vulnerado o dereito á folga do sindicato CUT como convocante da folga xeral en Galicia durante o 8 de marzo e declara nula a decisión empresarial de sustituir á traballadora e manter a emisión do programa. A canle pública foi condenada a abonar ó sindicato 15.625,50 euros en concepto de indemnización por danos e perxuízos, podendo recurrirse dita sentencia ante o Tribunal Supremo.
Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.
Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…
Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…
Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…
Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…
El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…
Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…