Autonómico

Consecuencias dos incendios forestais en Galicia

Sentenza condenatoria de referencia

Con motivo dos incendios provocados na zona do Barbanza, cuxo lume aínda non foi extinguido, rescatamos esta recente sentenza na que a Audiencia Provincial de Cáceres condenou a dous anos de prisión e ó pago de casi 255.000 euros a os dous acusados de provocar un incendio forestal o 23 de xullo no paraxe cacereño de Los Millares, ó acender unha barbacoa, a pesares de que era época de alto risco de incendios e na que están prohibidas estas prácticas.

Tras encender o lume, saltaron charamuzas da barbacoa que orixinaron un incendio que acabou por calcinar 1.498 hectáreas de terreno forestal, superficie reforestada e pasto ganadeiro. O lume propagouse rápidamente debido a que facía vento e os bombeiros e persoal do Infoex da Xunta de Extremadura necesitaron catro días para dar por extinguido o incendio. Foi preciso declarar o nivel 1 de perigosidade posto que o lume atopábase moi preto de varias vivendas que hai nesa paraxe e un centenar de persoas tiveron que ser desaloxadas das súas casas pola proximidade do lume.

A Audiencia Provincial condenou a dous anos de prisión a cada un e a pagar casi 255.000 euros en indemnizacións polos danos causados. Á Xunta de Extremadura deben abonarlle 140.210 euros polo que costou a extinción do incendio; máis outros 90.000 euros que costou a restauración ambiental (o incendio afectou a unha Zona Especial de Protección de Aves). Deben indemnizar tamén a sete veciños que sufriron danos nas súas vivendas.

Situación en Galicia

O fin de comunicar esta resolución xudicial é poñer de manifesto as consecuencias dun incendio provocado. Este acontecemento pouco ten que ver coa realidade que afrontan os montes de Galicia. Nesta ocasión, tratouse dun incendio ocasionado pola desafortunada decisión de facer unha barbacoa nun paraxe extremeño un día caluroso de vento, pola contra, en Galicia os incendios non son fortuitos.

Verán tras verán os galegos sufrimos a calcinación dos nosos montes, este ano empezaron xa no mes de marzo aproveitando a semana de bo tempo. ¿Cal é a razón?

Incendios en marzo

A data de hoxe, temos un incendio forestal que comenzou sobre as oito da tarde de onte no municipio de Dodro, preto do mirador de Bexo e que pouco despois se extendeu á zona de Burés, en Rianxo. Xa queimou 850 hectáreas e decretou o nivel 2 pola proximidade do lume ó núcleo de poboación de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro. Ademáis dos medios que xa estaban alerta, movilizouse tamén a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Xa está controlado un incendio na parroquia de Argalo en Noia, que segundo as primeiras estimacións provisionales de Medio Rural queimou arredor de 30 hectáreas. Este incendio uniu a outro que había no municipio veciño de Lousame que afectou a unhas 50 hectáreas. Para extinguir dito incendio movilizáronse a catro axentes forestais, dúas brigadas e tres camións motobombas. É evidente que estes lumes foron provocados, xa que se orixinaron de maneira simultánea.

En Ribeira tamén se orixinou outro incendio forestal nas inmediacións do parque periurbano, que afectou a uns 2.500 metros cadrados de terreno. E sobre as tres da tarde comezou un novo incendio en Ribeira, concretamente na parroquia de Oleiros, nun monte situado fronte a estación de servizo. No lugar están traballando integrantes do grupo de emerxencias de Ribeira e a rapidez coa que foron alertados posibilitará que poida atallarse con brevidade. E en As Pontes o lume, na parroquia de O Freixo, xa queimou máis de 20 hectáreas.

En conclusión, Galicia amaneceu en cinzas a golpe de 26 de marzo, onde estes incendios mencionados queimaron nas últimas horas nin máis nin menos que case 1.060 hectáreas.

Lexislación no Código Penal

O único que esperamos transmitir con esta nova é que sí hai consecuencias para os pirómanos que provocan estes desastres naturales, hai elevadas contías indemnizatorias que dificilmente pode sufragar un particular, moito menos se se acumulan ás multas que se poden impoñer, e ademáis, estes delitos castíganse con anos de prisión.

O artigo 352 do Código Penal dispón que os que incendiaren montes ou masas forestais, serán castigados coas penas de prisión de un a cinco anos e multa de doce a dezaoito meses. Se existiu perigo para a vida ou integridade física das persoas, castigarase o feito conforme ó disposto no artigo 351 (pena de prisión de dez a vinte anos), impoñéndose, en todo caso, a pena de multa de doce a vintecatro meses.

O artigo 353 do Código Penal, no seu apartado primeiro, di que os feitos a que se refire o artigo anterior serán castigados cunha pena de prisión de tres a seis anos e multa de dezaoito a vintecatro meses cando o incendio alcance especial gravidade, atendida a concurrencia dalgunha das circunstancias seguintes:

1.ª Que afecte a unha superficie de considerable importancia.

2.ª Que se deriven grandes ou graves efectos erosivos nos solos.

3.ª Que altere significativamente as condicións de vida animal ou vexetal, ou afecte a algún espazo natural protexido.

4.ª Que o incendio afecte a zonas próximas a núcleos de poboación ou a lugares habitados.

5.ª Que o incendio sexa provocado nun momento no que as condicións climatolóxicas ou do terreo incrementen de forma relevante o risco de propagación do mesmo.

6.ª En todo caso, cando se ocasione grave deterioro ou destrucción dos recursos afectados.

Este precepto continua aclarando no apartado segundo que se lle impoñerá a mesma pena cando o autor actúe para obter un beneficio económico cos efectos derivados do incendio.

O que prendera lume a montes ou masas forestais sen que chegue a propagarse o incendio dos mesmos, será castigado coa pena de prisión de seis meses a un ano e multa de seis a doce meses, se ben esta conducta quedará exenta de pena se o incendio non se propaga pola acción voluntaria e positiva do seu autor, tal e como aclara o artigo 354 do Código Penal.

En todo caso, os tribunais poderán acordar que a calificación do solo nas zonas afectadas por un incendio forestal non poida modificarse nun prazo de ata 30 anos, así o establece o artigo 355 do Código Penal, co cal, non pode ser a causa dos incendios a calificación dos montes afectados polo incendio, posto que hai que esperar 30 anos para acadala. Igualmente poderán acordar que se limiten ou supriman os usos que se viñeran levando a cabo nas zonas afectadas polo incendio, así como a intervención administrativa da madeira queimada procedente do incendio.

A maiores destas penas de prisión e das multas que nos sinalan os preceptos mencionados, hai que engadir a responsabilidade civil, é dicir, as cuantiosas indemnizacións polos danos e perxuízos causados. Con todo, se non atopamos ós responsables, nada podemos facer.

Eucaliptos en Galicia

A cruzada contra o eucalipto chegou ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente, e logrou que o Comité científico Asesor do propio Ministerio, integrado por unha vintena de científicos independentes, emitiu un dictame recomendando incluir no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras tódalas especies de eucaliptos «cuxo destino sexa a explotación forestal, debido ó alto risco de invasión por estas especies consecuencia das súas características biolóxicas, fisiolóxicas e ecolóxicas».

Destaca o «elevado risco de incendio» dos eucaliptales, «pola acumulación de moreas de follas secas e a presenza de aceites inflamables», ademáis de recomendar extremar as precaucións coas novas introduccións e plantacións, e un seguimento local e erradicación sempre que se observe naturalización de calquera especie de Eucalyptus no noso territorio.

Co cal, o Comité respalda que se trata dunha especie invasora que debe erradicarse. Este posicionamiento dos seus asesores que deixou perplexos ós funcionarios do Ministerio, contrarios a incluir o eucalipto no catálogo de especies invasoras, desembocou nunha contundente resposta.

O Ministerio, ignorando ó seu propio comité asesor, solicitou un novo informe, a través dos responsables de política forestal, onde vía «unha actitude tendenciosa por parte do Comité Científico, en orden a emitir un xuízo de valor premeditado en canto ó carácter invasor destas especies, presuntamente basado en criterios non científicos e en opinións persoais e políticas». Ignorar a opinión dun grupo de científicos é unha mostra de irracionalidade.

Os científicos chaman a atención sobre un novo perigo: o carácter invasor do eucalipto. Sendo complicada a desaparición destas plantacións, deben regularse, planificarse, xestionarse axeitadamente e, no seu caso, limitarse, posto que colisionan cun interés xeral, a conservación da biodiversidade. A importancia económica dun sector non xustifica a barra libre.

Chegou o momento de recoñecer que un cultivo que ocupa en Galicia máis de 400 mil hectáreas é algo máis que un problema económico ou que solo atañe ó sector madereiro, pois ten importantes implicacións ecolóxicas; é, en definitiva, un problema ambiental.

O debate xorde sobre a planificación da política forestal, sobre a diversificación da cuberta vexetal e sobre o cumplimento das leis sobre plantacións. O contrario significa destruir a riqueza natural e a paisaxe do noso país. Pero, ¿qué intereses impiden que eses obxectivos se aborden?

Esta é a situación que vivimos en Galicia no que vai de semana, aínda non ven entrada a primaveira, esperamos que non sexa unha premonición do que nos depara o verán.

 

Imaxe

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 1 año

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 3 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 3 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 3 años