Coronavirus

Galicia pasa á Fase 3 do Plan de Desescalada, ¿qué cambios conleva isto?

Galicia promociona este vindeiro luns día 8 de xuño a fase 3, avanzando deste xeito ó derradeiro banzo do plan de desescalada do Goberno central, xunto con outras Comunidades Autónomas. ¿Qué significa este cambio de fase? ¿Qué van poder facer os galegos a partires do luns? ¿Permítese a mobilidade entre provincias? ¿Poden abrir as discotecas? ¿Permítense as consumicións nas barras dos bares?

Mobilidade

A ansiada mobilidade entre provincias será unha realidade a partires da fase 3 naquelas comunidades nas que así o autoricen os Gobernos autonómicos. Esta é unha decisión que trasladou o Goberno central a pasada semana, ó decidir que a gobernanza da última fase de cara á nova normalidade recaia nos presidentes das autonomías. No caso de Galicia, o presidente da Xunta optou por facilitar dita mobilidade entre as provincias galegas.

Sen franxas horarias

Deixarán de existir horarios para tódolos colectivos. Do día 8 en adiante, ningún colectivo terá reservada franxa horaria algunha. Tampouco os maiores ou grupos vulnerables, aínda así, cómpre extremar as medidas de seguridade e hixiene.

Comercio

Nos establecementos comerciais minoristas limitarase o aforo á metade. Aqueles que estean distribuidos en varios andares, deberán gardar a presenza de clientes nesta mesma proporción. Con todo, establecerase un horario prioritario para maiores de 65 anos. Poderanse establecer sistemas de recollida dos produtos adquiridos por teléfono e Internet, así como un sistema de reparto a domicilio para certos colectivos. A venda ambulante contará tamén cun 50 % do aforo.

Os centros comerciais limitarán o aforo das súas zonas comúns ó 40 % e cada tenda faráo ó 50 % no seu interior, de igual maneira que aqueles comercios que non pertenzan a un centro comercial.

Hostalaría

Por fin se permitirán as barras dos bares abertas ó consumo con separación de 2 metros e, a partires de agora, as terrazas ocuparán un 75 % do seu aforo, cunha ocupación máxima de 20 persoas por mesa.

Os bares de ocio nocturno e as discotecas poderán abrir, sempre que non se supere un terzo do seu aforo. No caso de que no local houbera un espazo destinado a pista de baile, dito espazo poderá empregarse para instalar mesas, porque non se poderá adicar ó seu uso habitual.

Hoteis

Poderán reabrirse as zonas comúns dos hoteis e os aloxamentos turísticos ó 50% do seu aforo. As actividades de animación ou clases grupais serán para un máximo de 20 persoas.

Cultura

As bibliotecas poderán ocuparse ó 50% do aforo con estudo en sala, que estará rexido polo mesmo aforo e gardando a distancia de seguridade interpersonal.

Museos e exposicións ó 50% e visitas en grupos de ata 20 persoas. As visitas a monumentos e outros equipamentos culturais, non han de superar a metade do aforo e permitiranse únicamente visitas individuais, de convivintes ou dos citados grupos ata un máximo de 20 persoas.

Os cines, teatros, auditorios, circos de carpa e espazos similares non superarán a metade do aforo da sala e han de contar con butacas preasignadas.

Os espectáculos culturais en espazos pechados non poderán superar o 50% do aforo nin reunir a máis de 80 persoas. Ó aire libre, o público terá que permanecer sentado e non poderá superarse o 50% do aforo nin reunir a máis de 800 persoas.

Turismo activo e de natureza

Poderanse realizarse actividades de turismo activo e de natureza en grupos de ata 30 personas. Para actividades con guía turístico, haberá que concertar cita previa e os grupos serán de ata 20 persoas como máximo.

Deporte

Están permitidos os entrenamentos de carácter medio en ligas non profesionais federadas, así como a celebración de espectáculos e actividades deportivas. As sesións realizaranse sempre que sexa posible por turnos, evitando superar o 50% da capacidade das instalacións deportivas. Con carácter xeral, os deportistas non poderán compartir ningún material. Sanidade autoriza a apertura de piscinas para uso deportivo.

Velatorios e enterros

O límite de asistencia ós velatorios sobe a 50 persoas ó aire libre e a 25 en espazos pechados, sexan ou non convivintes. A participación na comitiva de enterramento ou despedida para cremación queda restrinxida a un tope de 50 persoas.

Lugares de culto

Permítese a asistencia a lugares de culto sempre que non supere o 65% do seu aforo, que deberá estar publicado nun lugar visible.

Vodas

Poden realizarse sempre que non se supere o 65% do aforo e, en todo caso, cun máximo de 150 persoas ó aire libre e de 65 en espazos pechados.

Centros recreativos

Os centros recreativos, zoolóxicos e acuarios reabrirán ó 50% do seu aforo total e limitarase a un terzo o das atraccións e lugares pechados.

Locales de xogo

Permítese a reapertura ó público dos casinos, establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables ós de actividade recreativa de xogos e apostas, sempre que non se supere o 50% do aforo permitido e cun máximo de 50 persoas, contando co persoal.

Congresos, reunións de negocios

Poderán realizarse congresos, encontros, reunións de negocios, conferencias e eventos sen superar a cifra de 80 asistentes.

Ocio infantil e xuvenil

Queda permitida a realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil. Cando éstas se leven a cabo en espazos ó aire libre, deberase limitar o número de integrantes ó 50% da capacidade máxima e cun tope de 200 participantes, incluíndo ós monitores. En espazos pechados, ocuparase solo un terzo da capacidade.

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 1 año

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 3 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 3 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 3 años