Autonómico

Galicia pasa hoxe á Fase 1 do Plan de Desescalada, ¿qué cambios conleva isto?

O Ministerio de Sanidade deu luz verde para que toda Galicia, as catro provincias, avancen da fase 0 á fase 1 da desescalada, ante o desconfinamento progresivo de todo o Estado pola pandemia do coronavirus. Estes son os beneficios que conleva que toda a Comunidade superase o primeiro corte:

Visitas a familiares

Poderase visitar a familiares, salvo que algún deles dera positivo por coronavirus ou estea en aillamento. Non se poderá visitar a persoas anciás ou que pertenzan a un grupo de risco, por ser máis vulnerables ó COVID-19.

Reunións

Permítense reunións de ata 10 persoas. Terán que manter a distancia de seguridade de 2 metros e respetar as normas de hixiene relativas ó lavado de mans e a «etiqueta respiratoria» (toser no cóbado e respetar a distancia dun metro). Estas reunións poderán celebrarse tanto na casa como na rúa.

Terrazas

Só se poderán ocupar o 50 % das mesas. Terá que haber unha distancia mínima de 2 metros entre as mesas e os grupos de clientes non superarán as 10 persoas. Ademáis, haberá que desinfectar as mesas entre un cliente e outro, e non se poderán empregar cartas de uso común nin servilleteiros.

Desprazamentos en coche

Os residentes nun mesmo domicilio poden compartir un coche de ata 9 prazas.

Apertura de comercios

Só poderán abrir os comercios de menos de 400 , coma na fase 0, pero xa non será preciso a cita previa nin a atención individual.

As tendas permitirán a entrada de clientes ata un máximo do 30 % do seu aforo, será necesario manter unha distancia de seguridade mínima de 2 metros e deberase establecer un horario de atención preferente a maiores. Ademáis, os comerciantes terán que desinfectar dúas veces ó día o local. Todo isto atópase recollido nun post específico.

Mercados ó aire libre

Volve a actividade dos mercados ó aire libre na vía pública, aínda que con restriccións relativas ó distanciamento entre postos e a delimitación do mercado ambulante para un correcto control do aforo polas forzas de seguridade. Limítase ó 25% o número de postos habituais e a afluencia máxima permitida será da terceira parte do aforo.

Velatorios e enterros

Limítase o número de familiares que poden estar presentes nun velatorio, que é de 15 persoas se ten lugar ó aire libre e de 10 en espacios pechados.

Para o caso dos enterros, tamén se determina un límite: a comitiva para o enterramento ou a despedida para a cremación do falecido restrínxese a un máximo de 15 persoas e, no seu caso, poderase sumar o sacerdote ou persoa semellante da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do finado.

Igrexas e outros lugares de culto

Os lugares de culto abren na fase 1, pero a afluencia de fieis reducirase a un terzo.

Ximnasios e instalacións deportivas

Se as instalacións deportivas son ó aire libre e as actividades non implican contacto físico (coma o tenis ou o atletismo), poderase acudir na fase 1. Tamén nese momento poderanse realizar actividades deportivas individuais con cita previa en centros deportivos que non impliquen contacto físico nin uso de vestuarios. Porén, o uso de instalacións cuio espazo sexa pechado terase que pospoñer á fase 2 e só cando o deporte se faga sen público e non requira contacto físico.

Bibliotecas

As bibliotecas poderán empezar a restablecer o servizo a partires da fase 1 do plan de desconfinamento. Esta apertura, con todo, farase de xeito escalonado e seguindo unha serie de restriccións para garantizar a seguridade dos seus usuarios e o persoal. Así, nesta fase as bibliotecas poderán ofrecer préstamos e espazos de lectura con limitacións de aforo.

Museos e hoteis

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, asegurou que na fase 1 se permitiría a apertura dos comercios con restriccións de aforo, tamén de bibliotecas e museos, ademáis de hoteis e de establecementos turísticos sempre que as zonas comúns permanezan pechadas.

Franxas horarias

O Ministro de Sanidade dixo que se permite ás Comunidades adaptar as franxas horarias tendo en conta a climatoloxía de cada lugar. Con todo, mantéñense outras restriccións.

Movementos entre provincias

Non están permitidos.

Piscinas

Segue sen permitirse o uso de piscinas municipais.

Centros comerciais

Non se permite a súa apertura na fase 1. Tampouco abrirán as tendas de máis de 400 .

 

 

 

Imaxe

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 7 meses

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 2 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 2 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 2 años