Autonómico

Limitación da mobilidade pola Xunta en determinados concellos galegos

O avance do COVID-19 en Galicia provocou que o goberno autonómico galego, en calidade de autoridade competente delegada polo goberno estatal, decretase no día de hoxe o confinamento das grandes urbes galegas, así como doutros concellos máis afectados pola pandemia. Limítase así a mobilidade na cidadanía e a posibilidade de reunión máis alá dos convivintes, no que se refire en ditos territorios.

¿Abondan estas medidas de fin de semana para abreviar a crecente suba de afectados e afectadas?

Polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, declarouse o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2. A dita declaración afectou todo o territorio nacional e a súa duración inicial esténdese, conforme o disposto no seu artigo 4, ata as 00.00 horas do día 9 de novembro de 2020, tendo sido autorizada a prórroga polo Congreso dos Deputados ata o 9 de maio de 2020.

Conforme o artigo 2 do dito real decreto, para os efectos do estado de alarma, a autoridade competente será o Goberno da Nación. En cada comunidade autónoma e cidade con estatuto de autonomía, a autoridade competente delegada será quen desempeñe a presidencia da comunidade autónoma ou cidade con estatuto de autonomía, nos termos establecidos no real decreto.

Conforme o artigo 10 do real decreto, a autoridade competente delegada respectiva poderá modular, flexibilizar e suspender a aplicación das medidas previstas nos artigos 6, 7 e 8, co alcance e ámbito territorial que determine. Así mesmo, de acordo co artigo 11, poderá impoñer no seu ámbito territorial a realización das prestacións persoais obrigatorias que resulten imprescindibles no ámbito dos seus sistemas sanitarios e sociosanitarios para responder á situación de emerxencia sanitaria que motiva a aprobación do real decreto.

As medidas previstas no Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, non esgotan todas as que poden ser adoptadas para facer fronte á crise sanitaria. Neste sentido, como prevé expresamente o seu artigo 12, cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente, así como a xestión dos seus servizos e do seu persoal, para adoptar as medidas que considere necesarias, sen prexuízo do establecido no real decreto.

Ó abeiro do antedito, dítase o presente DECRETO 178/2020, do 30 de outubro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais e concellos

O artigo 1.1 establece que queda restrinxida a entrada e a saída de persoas no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos da Coruña e Arteixo, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Poio e Marín, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Teo e Ames, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ferrol, Narón, Fene e Neda, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense e Barbadás, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, así como nos concellos de Vigo, Lugo e Vimianzo.

Excepcións ós limites de mobilidade previstos

O artigo 1.2 aclara que quedan exceptuados da anterior limitación aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

  1. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  2. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
  3. Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
  4. Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
  5. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  6. Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
  7. Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
  8. Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
  9. Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
  10. Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  11. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

¿Qué acontece cos estudantes das universidades galegas que viven fóra da súa residencia habitual?

Ó longo das últimas semanas e dende que o curso académico deu comezo, os estudantes universitarios galegos foron sinalados como culpables do aumento de casos de COVID-19 nas cidades galegas, a onde se ven na obriga de desprazarse para poderen acudir ás súas clases.

Se esta afirmación é certa, o coherente sería recluilos de xeito que non puidesen desprazarse ós seus fogares durante, canto menos, unha fin de semana, do mesmo xeito que quedan recluidos o resto de cidadáns dos concellos ou territorios confinados. Lonxe disto, tal e como se deduce do precepto anteriormente mencionado, é causa xustificada de desprazamento a asistencia a centros universitarios.

Así as cousas, os estudantes universitarios poderán desprazarse ó seu lugar de orixe e vir de volta á cidade amosando ás autoridades ou ben a tarxeta universitaria ou ben copia da matrícula do presente curso académico.

Imaxes dos estudantes abandonando Santiago trala publicación do Decreto.

Limitacións da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados

O artigo 2 di que a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, quedará limitada aos grupos constituídos só por persoas conviventes, nos concellos ós que afecta o decreto é dicir, os seguintes, os concellos da Coruña, Arteixo, Lugo, Pontevedra, Poio, Marín, Santiago de Compostela, Teo, Ames, Vigo, Ferrol, Narón, Fene, Neda, Ourense, Barbadás, Verín, Oímbra, Vilardevós, O Barco de Valdeorras, en todos os concellos da comarca do Carballiño (Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea) e no concello de Vimianzo.

¿Cando non aplican tales limitacións de permanencia de grupos de persoas?

Continúa o artigo 2 expoñendo que esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade. Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso de práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

¿Cando entra en vigor o decreto?

O artigo 3 manifesta que este decreto terá efectos desde as 15.00 horas do 30 de outubro de 2020. A prol dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento. En todo caso serán revisadas nun período máximo de 7 días.

Recurso contra o presente decreto

O artigo 4 dispón que contra o presente decreto poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, conforme ós artigos 12.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

 

 

Imaxe

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 1 año

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 3 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 3 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 3 años