Autonómico

Limitacións na mobilidade entre concellos e nas reunións de persoas en Galicia

O Goberno autonómico galego publica no DOGA o Decreto 179/2020, do 4 de novembro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, que comentamos a continuación.

Cáles son as limitacións impostas polo novo Decreto da Xunta? En qué concellos se impide a entrada e saída de persoas? Cál é o número máximo de persoas reunidas? Podemos reunirnos con non convivintes? Existe algunha excepción ás medidas acordadas? Qué día entran en vigor?

Concellos afectados polas restricións

O artigo primeiro dispón, como regra xeral, que con efectos desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, vindeiro sábado, queda restrinxida a entrada e a saída de persoas dos seguintes ámbitos territoriais:

  1. Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño e Gondomar.
  2. Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio.
  3. Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos da Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre.
  4. Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ferrol, Ares, Neda, Narón, Fene e Mugardos.
  5. Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén.
  6. Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra.
  7. Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Cambados.
  8. Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Lalín, Silleda e A Estrada.
  9. Do ámbito territorial do concello de Lugo.
  10. Do ámbito territorial do concello de Viveiro.
  11. Do ámbito territorial do concello de Burela.
  12. Do ámbito territorial do concello de Monforte de Lemos.
  13. Do ámbito territorial do concello de Vimianzo.
  14. Do ámbito territorial do concello de Xinzo de Limia.
  15. Do ámbito territorial do concello de Cangas.
  16. Do ámbito territorial do concello de Ponteareas.
  17. Do ámbito territorial do concello de Tui.
  18. Do ámbito territorial do concello do Grove.

Excepcionalmente, con efectos desde as 00.00 horas do 5 de novembro de 2020, día de hoxe, queda restrinxida a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial do concello do Carballiño e do ámbito territorial do concello de Verín.

Excepcións ás restricións

De novo, o artigo 1 aclara que quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  • Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
  • Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
  • Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
  • Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
  • Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
  • Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
  • Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  • Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

Limitacións de reunión dende o día 5 de novembro de 2020

O artigo 2 di que, con efectos desde as 00.00 horas do 5 de novembro de 2020, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a permanencia de grupos de persoas tanto en espazos de uso público, ben pechados ben ao aire libre, como de uso privado, quedará condicionada a que non se supere o número máximo de seis persoas, agás que se trate de persoas conviventes.

No caso de agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo tamén será de seis persoas.

A limitación prevista neste número non será de aplicación no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores, e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso da práctica do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Limitacións de reunión a partires do día 7 de novembro

O artigo 2 continúa aclarando que, desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, quedará limitada aos grupos constituídos só por persoas conviventes, a todos os concellos enumerados no decreto.

Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado, incluído o acompañamento a maiores, menores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso de práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Persoas procedentes de fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia

O artigo 4 manifesta que as persoas procedentes de fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán cumprir as disposicións establecidas neste decreto, polo que, en particular, só poderán entrar nos ámbitos territoriais delimitados no punto primeiro nos supostos nel previstos.

 

 

Imaxe

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 1 año

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 3 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 3 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 3 años