Autonómico

O abandono de animais domésticos e a súa adopción na lei autonómica galega

Aínda que en xeral a sociedade avanza cara unha maior concienciación sobre a responsabilidade que implica coidar dun animal de compañía e o compromiso que require convivir con eles, segue habendo lamentablemente moitos casos de abandono. ¿É sancionable o abandono animal? ¿Cómo funciona o procedemento de adopción dun animal abandonado? ¿En qué consisten as colonias felinas municipais?

A nivel autonómico podemos botar man da Lei 4/2017, de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

Tais



                           Lena                                                               Chuli                                                             Lía

Abandono de animais domésticos

O artigo 23 da citada lei sinala no seu apartado primeiro as pautas a seguir no caso de abandono de animais domésticos indicando que “se o animal recollido se atopara identificado ou tivera persoa propietaria coñecida, o centro de recollida poñerá en coñecemento desta a entrada do animal nas súas instalacións, no prazo de 48 horas dende a súa recollida”.

Continúa o precepto indicando “se transcorridos dous días dende a comunicación á persoa propietaria, esta non procedeu á retirada do animal, o centro notificaralle que dispón dun prazo máximo de dez días naturais, a contar dende o día seguinte ó de dita notificación, para a recuperación do animal, previa satisfacción de todos os gastos, incluidos os veterinarios, derivados da súa recollida e estancia no centro, e exhibindo a licencia correspondente no suposto de que se tratara dun animal potencialmente perigoso”.

O apartado segundo do artigo mencionado aclara que unha vez xa “transcorrido o prazo máximo de dez días naturais, a contar dende o día seguinte ó da notificación ou da publicación, no suposto de notificación infructuosa, sen terse retirado o animal, este pasará a ter a consideración de animal abandonado, o que habilitará ó concello para darlle o destino que legalmente proceda. Neste suposto, o centro de recollida deberá dar traslado dos feitos á consellería competente en materia de protección animal a efectos da apertura do correspondente expediente sancionador”.

O apartado terceiro dispón que se o animal recollido non se atopara identificado e non tivera dona ou dono coñecido, pasará a ter a consideración de animal abandonado. Se transcorridos dez días naturais dende a entrada no centro de recollida non é reclamado pola persoa propietaria, posuidora ou autorizada, previa acreditación da propiedade ou posesión, o centro queda habilitado para darlle o destino que legalmente proceda”.

O apartado cuarto e último de precepto manifesta que “os animais recollidos deberán ser necesariamente identificados, dacordo co artigo 12 da presente lei, para poder ser entregados ás persoas propietarias, segundo as obrigas establecidas para cada especie, facéndose estas cargo dos gastos derivados de dita actuación”.

 

Abandono como infracción administrativa e correspondente sanción

O artigo 39 do mesmo corpo legal dispón que “teñen a consideración de infraccións administrativas graves as seguintes: g) O abandono dos animais de compañía”. O artigo 41 establece que “as infraccións administrativas tipificadas no capítulo anterior serán obxeto das sancións seguintes: b) As graves, con multas de 501 a 5.000 euros”.

 

Adopción de animais abandonados

O artigo 24 da mesma lei, sobre a adopción dos animais domésticos abandonados establece no seu apartado primeiro que “o destino prioritario dos animais domésticos abandonados será a súa adopción. As administracións públicas implicadas e os centros de recollida poñerán en marcha medidas destinadas ó fomento da adopción responsable destes animais”.

Continúa o apartado segundo indicando que “sen perxuízo dos que se establezan reglamentariamente, deberán cumprirse os requisitos seguintes para a adopción:

    • a) Que o animal doméstico a adoptar teña a condición de abandonado.
    • b) Que o animal doméstico proveña dun centro de recollida autorizado.
    • c) Que o animal doméstico fora declarado apto para a adopción polo veterinario ou veterinaria responsable do centro de recollida no que se atope. Os animais deben ser entregados en adopción identificados, vacinados, desparasitados e esterilizados segundo prescripción da veterinaria ou veterinario responsable, co fin de garantizar o seu correcto estado hixiénico-sanitario.
    • d) A adopción deberá ser gratuita, sen perxuízo de que o propio centro de recollida poida repercutir sobre quen o adopte os custes derivados dos tratamentos suministrados, da identificación e da esterilización, segundo proceda”.

Por último, o apartado terceiro indica, como é lóxico, que “as personas físicas que adopten animais de compañía segundo o establecido neste artigo quedarán sometidas ás obrigas previstas para as personas propietarias e posuídoras de animais establecidas na presente lei”.

 

Acollida temporal de animais domésticos

O artigo 25 da mesma lei establece no seu apartado primeiro que “cando non fora posible a adopción ou cando concurriran circunstancias que o aconsellasen, o centro de recollida poderá entregar o animal abandonado, en réxime de acollida temporal, a personas físicas que poidan garantizar o coidado, atención e condicións hixiénico-sanitarias que precise. En calquera caso, será necesario o cumprimento do establecido no xa mencionado artigo 24.2.c) (requisitos para a adopción), estando condicionada a acollida á devolución inmediata do animal se aparecera unha persona adoptante”.

O apartado segundo manifesta que “a persoa física que acolla temporalmente un animal neste réxime estará obrigada a comunicar ó centro calquera incidencia con respecto ó mesmo”, e o apartado terceiro que “os domicilios nos que se acollan temporalmente animais de compañía terán a consideración de fogares de acollida. Reglamentariamente establecerase o número máximo de animais que poderán acollerse nun mesmo fogar de acollida”. No apartado cuarto, disponse que as persoas que acollan temporalmente quedarán sometidas ás mesmas obrigas que un propietario.

 

Colonias felinas

O artigo 26 dispón que “os concellos poderán establecer, conforme as condicións e requisitos que se determinen reglamentariamente, lugares destinados a colonias felinas controladas, como un posible destino das comunidades de gatos sen propietario ou propietaria que vivan na rúa, sempre que as condicións do entorno o permitan, co fin da súa protección e control poblacional”. O apartado segundo incide en que “os gatos integrantes destas colonias deberán ser capturados para a súa marcaxe, esterilización e control sanitario. A identificación realizarase a nome do concello, a quen compete a vixilancia e control sanitario destas poblacións”.

 

                         Toxo e Xesta                                                                 Marty

            Rita e as súas crías                                                    As crías de Rita

Outra entrada de interese:

Nueva ley autonómica de protección de los animales domésticos

El maltrato animal: ¿pena de prisión?

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 1 año

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 3 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 3 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 3 años