O artigo 3 da Constitución española establece que as demáis linguas do Estado español serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas dacordo cos seus Estatutos. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respeto e protección. O artigo 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia garantiza a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como lingua propia do noso pobo. Ó mesmo tempo, responsabiliza ós poderes públicos da normalización do galego en tódolos ámbitos.
A lingua é a maior creación colectiva dos galegos, é a forza que lle da unidade interna á nosa comunidade. Únenos co pasado do noso pobo, porque a recibimos del como patrimonio vivo, e uniranos co futuro, porque a recibirá de nós como legado de identidade común. Na Galicia do presente serve de vínculo esencial entre os galegos afincados na terra nativa e os galegos emigrados polo mundo. Así e todo, na actualidade afronta tamén dificultades, fundamentalmente no ámbito empresarial e incluso nos contextos familiares das principais urbes galegas, nas que está aumentando a presenza do castelán como lingua principal dos fogares.
A Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade o 15 de xuño de 1983 no Parlamento de Galicia, regula os dereitos lingüísticos dos cidadáns, especialmente os referidos ós ámbitos da administración, a educación e os medios de comunicación.
Interésanos especialmente o Título III desta Lei, rubricado “Do uso do galego no ensino”. Establece que o galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos. Os nenos teñen dereito a recibir o primeiro ensino na súa lingua materna. As Autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino.
Como isto non abondaba, elaborouse o Decreto 79/2010 sobre o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Para acadar estes fins, é preciso afondar no disposto polos preceptos da Lei de normalización lingüística no referente ó ensino, sen dúbida un sector fundamental para a implantación de hábitos lingüísticos en galego, e establecer unha nova regulación do galego que facilite o seu uso en tódolos niveis e grados non universitarios. Neste senso, é preciso facilitarlle ó alumnado unha oferta educativa que lle axude a percibir a utilidade da lingua e que lle capacite para o seu uso correcto e eficaz, erradicando especialmente a súa discriminación en tódolos eidos.
Este decreto dispón que na Administración educativa de Galicia e nos centros de ensino sostidos con fondos públicos empregarase, con carácter xeral, a lingua galega e fomentarase o seu uso oral e escrito. Entre os principios a partires dos cales se elabora o decreto, atópanse os seguintes:
A continuación, imos debullar o decreto para analizar as súas disposicións e a correspondente aplicación das mesmas nos diferentes niveis académicos.
A educación infantil é a etapa máis importante para que agrome o galego nos cativos, para facer do noso idioma a súa lingua materna. Neste momento, o profesorado procurará que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento do galego. Atenderase de xeito individualizado ó alumnado tendo en conta a súa lingua materna; lingua que será determinada polo centro educativo dacordo co resultado dunha pregunta que se efectuará ós pais e ás nais antes do comezo do curso escolar. A opinión e o apoio dos pais cobra gran importancia no que se refire ó uso do galego nas aulas. Deben ser eles os primeiros en concienciarse para cultivar a semente do galego nas xeracións vindeiras.
Na educación primaria garantizarase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas linguas oficiais de Galicia. Impartirase en galego a materia de Coñecemento do medio natural, social e cultural, e en castelán a materia de Matemáticas. Cada centro educativo encargarase de garantizar que as materias en galego e en castelán se distribuen na mesma porcentaxe das horas semanais. Igualmente, na educación secundaria, impartiranse en galego as materias de Ciencias sociais, xeografía e historia, Ciencias da natureza e Bioloxía e xeoloxía, e en castelán as materias de Matemáticas, Tecnoloxías e Física e química. Do mesmo xeito, coas garantías de que as materias en galego e en castelán se distribuen na mesma porcentaxe das horas semanais.
En Bacharelato, cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no reglamento de centros, establecerá unha oferta equilibrada na mesma porcentaxe de materias comúns, de modalidade e optativas para impartir en galego e en castelán.
Coa finalidade de promover o uso do galego nos centros, a Consellería competente en materia de educación establecerá un programa regular de actividades de fomento da lingua en cada centro educativo, no marco do seu proxecto lingüístico e coa participación de toda a comunidade educativa, con especial atención ás liñas de actuación que permitan un incremento no uso do galego nas actividades extraescolares e complementarias.
Estas medidas non están a cumprir a súa función. Falamos dunha lei que entrou en vigor no 1983 e, aínda que intentou renovarse a través de decretos, non é abondo. Non consegue o obxectivo para o que foi creada pois, atendendo ó resultado de diferentes estudos, podemos concluir que se perde a transmisión do galego ás novas xeracións.
No 2014, o Instituto Galego de Estadística despertou na sociedade galega unha alarma ante o retroceso do noso idioma. Tan só un de cada catro galegos menores de 15 anos fala a nosa lingua. E a xeración seguinte, entre 15 e 30 anos, inclínase noutro terzo polo castelán. Á súa vez, do total da comunidade galega, que se aproxima ós tres millóns de habitantes, fala galego só un terzo e, ademáis, en boca de xente maior de 65 anos. O idioma autóctono envellece sen que atope renovación.
Os cativos ven que o castelán é a lingua predominante en casi tódolos ámbitos, dende a escola ata o fogar, e rematan por utilizar aquilo que máis escoitan. Non é unha tarefa sinxela conseguir que terminen falando galego maioritariamente ou, incluso, que o empreguen nalgunha ocasión. O galego xa non é a lingua habitual da gran maioría dos nenos e nenas, posto que nin nas escolas é o idioma utilizado, a pesares do disposto na lexislación, nin é unha preocupación para os pais inculcarlles ós seus fillos a cultura galega e o idioma. Os pais dos nenos de hoxe foron criados por galegofalantes que decidiron educar ós seus fillos en castelán, cheos de falsos prexuízos. E o resultado disto é que estes nenos, os netos e netas de galegofalantes, non son educados en galego, porque ós seus pais ninguén lles ensinou o idioma e, naqueles casos nos que sí, non senten a preocupación por transmitilo.
A transmisión do idioma de pais a fillos é a chave para o futuro de calquera lingua. Definímonos polo noso idioma; a lingua propia de Galicia. Perténcenos como pobo, recibímola en herdanza e de igual maneira nos corresponde deixala. A lingua é a nosa marca de identidade, o noso privilexio e orgullo. Foinos outorgado un legado único, e temos a responsabilidade de mantelo e de transmitilo. As linguas só perviven se os seus falantes queren usalas.
Se os nenos e nenas medran co galego nunca chegarán a preguntarse por qué non falan na lingua propia da terra na que naceron. O galego é un engadido que lles damos e que depende por completo de nós. Non vai evitar que aprendan outras linguas, o castelán está en tódalas partes. Tódolos nenos e nenas que falan galego saben tamén castelán, o caso inverso non sempre ten lugar. Os nenos e nenas galegofalantes son bilingües. Pola contra, os que só falan castelán, non.
Con todo, o retroceso da lingua aumenta, a pesares das disposicións legais e a planificación lingüística iniciadas coa promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia no 1981, ó que seguiron a Lei de Normalización Lingüística de Galicia, de 1983, e o Decreto sobre o plurilingüismo no ensino non universitario, de 2010.
Existen outros estudos, por exemplo “Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992 – 2016”, por Henrique Monteagudo, no que se advirte unha creba xeracional do idioma. Este traballo, recentemente presentado o Día Internacinal da Lingua Materna, expón unha crise xeracional entre os mozos e os máis maiores. Amósanos que o uso do galego diminue a gran velocidade nas áreas urbanas e periurbanas, principalmente en Vigo e A Coruña. Así mesmo, mantense ou redúcese nas zonas rurais, cada vez máis despobladas.
Á presión do castelán nos medios de comunicación e na cultura, súmaselle agora a demanda dunha terceira lingua europea, o inglés, en escolas e institutos. Nenos, nenas, mozos e mozas galegos vense ante un reto trilingüe que incide, por razóns sociais, políticas, culturais e económicas, sobre o seu réxime e expectativas de vida.
Vista a situación, debemos recoñecer a afouteza e resistencia do galego ó longo dos séculos. Máis sólido e ergueito ca quen o manipula, menospreza ou oficializa por razóns políticas.
«Idioma meu, homilde, nidio, popular,
labiego, suburbial e mariñeiro
que fas avergoñar
ó burgués, ó señorito i o tendeiro:
levas sangue do povo
e raigañas escuras
que anuncian un día novo
sin mágoas nin tristuras.
Idioma proscrito,
asoballado, soterrado,
refugado, negado
como a probeza i o delito,
fala do emigrante e do maldito:
soio resoas nos lares
das xentes populares.
¡Ti tés que rexurdir puro,
poderoso, enteiro
pra erguer noso futuro
de povo ausoluto e verdadeiro”
FONTES:
Canto ó idioma galego, Manuel María Fernández
Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística.
Decreto 79/2010, de 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.
Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…
Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…
Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…
Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…
El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…
Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…