Autonómico

Anexo II: Medidas de prevención para os concellos máis afectados polas medidas da Xunta

Nos concellos previstos no número catro do punto segundo da ORDE do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, aplicaranse as restricións específicas previstas a continuación.

  1. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación. A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto da máxima permitida.
  1. Condicións para ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos. As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de seis persoas, sexan ou non conviventes, incluídos os monitores, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.
  1. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outras infraestruturas culturais. Non poderán realizarse actividades culturais en grupo nestes espazos, agás que os grupos sexan de conviventes, excluído o monitor ou guía.
  2. Actividade en cines, teatros, auditorios, e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas non pechadas temporalmente. Será de aplicación un límite máximo de 30 persoas para lugares pechados e de 75 persoas se se trata de actividades ao aire libre.
  3. Actividades e instalacións deportivas. A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, todas as persoas do grupo sexan conviventes, sen contar, se é o caso, o monitor. Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, sen contar, se é o caso, o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o 50% da capacidade máxima permitida.
  4. Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o 50% da capacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de 30 persoas para lugares pechados e de 75 persoas ao aire libre.
  5. Poderán realizarse determinadas actividades turísticas, para grupos de ata un máximo de seis persoas, sexan ou non conviventes, incluído o monitor ou guía.
  6. Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil, sempre que se leven a cabo ao aire libre, e se limite o número de participantes ao 50% da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 50 participantes, incluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o 50% da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 25 participantes, incluídos os monitores.
  7. Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao 50% e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles cun máximo de seis persoas, sexan ou non conviventes e incluído o monitor ou guía para as actividades grupais.
  8. Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o 50% da capacidade permitida do lugar de celebración, e cun límite máximo de 30 persoas para lugares pechados e de 75 persoas se se trata de actividades ao aire libre. O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.
  9. Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais. Calquera outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade nesta orde, non poderá superar o 50% da capacidade autorizada ou establecida, co máximo de 30 persoas en espazos pechados e 75 ao aire libre. Matizamos que o aquí disposto non será de aplicación en:
    • establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade,
    • establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, ou produtos hixiénicos,
    • salóns de peiteado,
    • prensa e papelaría,
    • combustible para a automoción,
    • estancos,
    • equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións,
    • alimentos para animais de compañía,
    • comercio pola internet, telefónico ou correspondencia,
    • tinturarías e lavandarías.

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 7 meses

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 2 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 2 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 2 años