Autonómico

ANEXO III: Lista de actividades e negocios obrigados ó peche temporal e á apertura nos concellos máis afectados polas medidas da Xunta

Os concellos a que se refire o número catro do punto segundo da da ORDE do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, terán que atender ás seguintes cuestións.

ESTABLECEMENTOS QUE PECHAN:

Así, adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estenda a eficacia da medida, das seguintes actividades, que se enumeran a continuación.

  1. Espectáculos públicos:
    • Espectáculos taurinos.
    • Espectáculos circenses.
    • Espectáculos feirais e de exhibición.
    • Espectáculos pirotécnicos.
  2. Actividades recreativas:
    • Actividades culturais e sociais.
    • Actividades de ocio e entretemento.
    • Atraccións recreativas.
    • Actividades de restauración.
    • Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
  3. Aqueles establecementos abertos ao público:
    • Establecementos de espectáculos públicos.
      • Circos.
      • Prazas de touros.
      • Recintos feirais.
    • Establecementos de actividades recreativas.
      • Establecementos de xogo.
      • Casinos.
      • Salas de bingo.
      • Salóns de xogo.
      • Tendas de apostas.
    • Establecementos para actividades deportivas.
      • Pistas de patinaxe.
      • Piscinas recreativas de uso colectivo.
      • Establecementos para atraccións e xogos recreativos.
      • Parques de atraccións e temáticos.
      • Parques acuáticos.
      • Salóns recreativos.
      • Parques multiocio.
    • Establecementos para actividades culturais e sociais.
      • Salas de concertos.
    • Establecementos de restauración.
      • Restaurantes.
      • Salóns de banquetes.
      • Cafetarías.
      • Bares.
    • Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
    • Establecementos de ocio e entretemento.
      • Salas de festas.
      • Discotecas.
      • Pubs.
      • Cafés-espectáculo.
      • Furanchos.
      • Centros de lecer infantil.

ESTABLECEMENTOS QUE CONTINÚAN ABERTOS:

Quedan, por tanto, exceptuados destas limitacións as seguintes actividades e establecementos, que poderán continuar abertos:

  1. Espectáculos públicos:
    • Espectáculos cinematográficos.
    • Espectáculos teatrais e musicais.
    • Espectáculos deportivos.
  2. Actividades recreativas:
    • Actividades deportivas.
  3. Aqueles establecementos abertos ao público:
    1. Establecementos de ocio e entretenemento 
      • Cine.
      • Teatro.
      • Auditorios.
    2. Establecementos de espectáculos deportivos
      • Estadios deportivos.
      • Pabillóns deportivos.
      • Recintos deportivos.
      • Ximnasios.
      • Piscinas de competición.
    3. Establecementos culturais
      • Museos.
      • Bibliotecas.
      • Salas de conferencias.
      • Salas polivalentes.

Dito isto, os establecementos de restauración permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.

Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios tamén a acompañantes de doentes, poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o 50% da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas e deberán ser todas elas conviventes.

A maiores, o artigo 2.2 da ORDE indica que se mantén en toda a Comunidade Autónoma o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 6 meses

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 2 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 2 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 2 años