Os concellos a que se refire o número catro do punto segundo da da ORDE do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, terán que atender ás seguintes cuestións.
ESTABLECEMENTOS QUE PECHAN:
Así, adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estenda a eficacia da medida, das seguintes actividades, que se enumeran a continuación.
ESTABLECEMENTOS QUE CONTINÚAN ABERTOS:
Quedan, por tanto, exceptuados destas limitacións as seguintes actividades e establecementos, que poderán continuar abertos:
Dito isto, os establecementos de restauración permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.
Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios tamén a acompañantes de doentes, poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o 50% da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas e deberán ser todas elas conviventes.
A maiores, o artigo 2.2 da ORDE indica que se mantén en toda a Comunidade Autónoma o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.
Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.
Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…
Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…
Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…
Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…
El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…
Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…