Autonómico

Condenado a catro anos de prisión o autor dun incendio que calcinou 180 hectáreas en Ribeira

A sección sexta da Audiencia Provincial de A Coruña, con sede en Santiago, condenou a catro anos de cárcere como autor dun delito de incendio a un cazador que participara na extinción de varios lumes como voluntario de Protección Civil cando en agosto de 2013 provocou un incendio próximo a núcleos urbanos de Ribeira.

O tribunal tamén lle impuxo o abono dunha indemnización á Xunta de 85.203 euros polos gastos de extinción e de 79.062 euros á Consellería de Medio Rural e ós tres propietarios de terreo afectados polos danos orixinados na madeira.

O lume, cuia extinción durou unhas 60 horas, calcinou 180 hectáreas, das cales 130 eran de monte arbolado, atravesou a autovía de O Barbanza e propagouse ata un polígono industrial e as proximidades do hospital. O tribunal destaca que a Dirección Xeral de Montes da Xunta calificouno de nivel 1 debido “ó seu grave risco”.

Os maxistrados indican na resolución que o imputado coñecía “o monte incendiado, os seus camiños e as condicións medioambientais que provocan a propagación do lume” e concluen que foi orixinado “de forma intencionada, non por unha neglixencia”. Así, sosteñen que o condenado “provocou voluntariamente, polo menos, dous focos de lume prácticamente simultáneos na proximidade de dous núcleos rurais”.

O tribunal recalca que o incendio “repercutíu moi negativamente, tanto nos valores recreativos e sociais da zona como no deterioro do patrimonio medioambiental e arqueolóxico”, ademáis de causar “cuantiosas perdas económicas”, tal e como figura nun informe da Xunta.

Hai consecuencias para os pirómanos que provocan estes desastres naturales, hai elevadas contías indemnizatorias que dificilmente pode sufragar un particular, moito menos se se acumulan ás multas que se poden impoñer, e ademáis, estes delitos castíganse con anos de prisión.

 

 

Imagen

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 7 meses

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 2 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 2 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 2 años