Autonómico

Día das Letras Galegas 2021: Xela Arias

Xela Arias Castaño foi unha escritora, poetisa e tradutora, ademáis de editora e profesora de galego, a quen se lle adican as Letras Galegas do ano 2021.

Múltiples propostas para ser a homenaxeada no Día das Letras Galegas

Esta autora foi proposta en dúas ocasións para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. No 2014 foi proposta por Ramón Lorenzo, Antón Santamarina y Xosé Fernández Ferreiro para o Día das Letras Galegas do ano 2015. Os outros candidatos foron Ricardo Carvalho Calero, Celestino Fernández de la Vega, Manuel María e Xosé Filgueira Valverde, resultando finalmente elixido o derradeiro.

Ó ano seguinte, no 2015, volveu ser proposta para adicarlle o Día das Letras Galegas no ano 2016, con Ricardo Carvalho Calero e Manuel María, quen resultou elixido.

Por fin, no 2021, a Real Academia Galega decidiu nomeala como homenaxeada para o Día das Letras Galegas deste ano.

Biografía da autora

Xela Arias Castaño naceu en Sarria, Lugo, no 1962 co nome de María de los Ángeles. En 1984 María de los Ángeles pasou a ser María dos Anxos, aínda que dende os seis anos chamárona Xela. Finalmente, no 1995 un xuíz autorizou o cambio de nome polo de Xela.

Ata os 7 anos estudou en Sarria, na Granxa de Barreiros, dentro dun proxecto pedagóxico de orientación agraria e de integración da cultura galega cos ciclos da natureza. Posteriormente trasladouse a Vigo coa súa familia, ingresando no Instituto Castelao. Deixou os estudos cando cursaba COU, para comezar a traballar en Edicións Xerais de Galicia no 1979, ano de fundación da editorial. Primeiro realizou traballos de oficinista, despois de creación e investigación e entre 1990 e 1996 como correctora de estilo e editora.​

No 1991 retomou os estudos, cursando Filoloxía Hispánica na Universidade de Vigo, licenciándose no 1996 pola Universidade de Santiago de Compostela, e iniciando a especialidade en galego-portugués.​

No 1992 casa co fotógrafo e matemático Xulio Gil Rodríguez, con quen tivo no 1994 ó seu único fillo, Darío, a quen lle adica a obra Darío a diario.

No curso 1999-2000 comenzou a exercer como profesora sustituta de ensino de secundaria, de lingua e literatura castelán, en institutos de Santa Comba, Moaña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. Nos seus últimos anos de vida foi docente en diferentes municipios galegos, como Chapela, A Garda e Vigo.

En novembro do ano 2003 Xela Arias falece desafortunadamente ós 41 anos nun hospital de Vigo debido a un ataque cardíaco. Foi enterrada no cemiterio vigués de Pereiró.​

Fragmento de Darío a diario

«Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu e ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.

Dis ma-ma-má
e consegues oito pasos seguidos sen axuda
cara a nós. ¿Vesme?
Son a nai que te pariu e coida
face-lo necesario porque avances.

¿Que é o necesario?
Coma sempre:
asumir que me equivoco e seguir investigando.
Como sempre en min,
e máis contigo.

Busco o modo de te acompañar sen estorbo,
que seas ó meu carón feliz e creador
de ti,
de ti e mailo mundo que apañes.

Non me gustaban de nena os peluches
e lembran meus pais que non xoguei moito ás bonecas.
Non me deteño a cociñar e na química das quimeras
rocei un xeito de delincuencia xuvenil.
Un xénero feminino algo a desmán das narracións para o ano en que nacín.

E vés
ti
agora,
primeiro imaxinado e xa querido,
logo presente nestes cuartos a diario:
hai posible en ser muller un privilexio imposible de transferir».

 

 

 

Imaxe

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 1 año

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 3 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 3 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 3 años