Índice
Na noite de onte publicáronse o DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, así como a ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, no DOG. Ditas normativas conteñen as seguintes medidas que entraron en vigor no día de hoxe.
¿Qué medidas nos comezan a afectar de hoxe en diante? ¿Limitacións entre concellos? ¿Reunións únicamente de conviventes? ¿Existen excepcións a estas disposicións? ¿Mobilidade nocturna? ¿Entrada e saída de persoas en Galicia?
O artigo 1.1 dispón que “quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente”.
O artigo 1.2 aclara que “quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:
O artigo 2.1 do Decreto establece que “a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
Polo tanto, permítense unicamente as reunións familiares, sociais e lúdicas, de carácter informal non regrado, das persoas que pertencen ao mesmo núcleo ou grupo de convivencia, con independencia de que se desenvolvan ao aire libre, e no ámbito público ou privado, en locais cerrados ou vehículos privados particulares”.
O artigo 2.2 matiza que “as limitacións establecidas no punto anterior exceptúanse nos seguintes supostos e situacións:
O artigo 4 di que “durante o período comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades:
O artigo 5 manifesta que “entre o día 27 de xaneiro de 2021 ás 00.00 horas e o día 17 de febreiro de 2021 ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos motivos previstos”.
O artigo 7 di que “a eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021 e terminará ás 00.00 horas do día 17 de febreiro de 2021”. Sen perxuízo de que, “non obstante o anterior, en cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento”.
Imaxe
Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.
Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…
Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…
Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…
Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…
El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…
Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…