A Letrada da Xunta de Galicia, en representación da Consellería de Sanidade, solicita a ratificación xudicial da Orde de 2 de setembro de 2020, ó amparto do previsto no art. 8.6 da Ley 29/1998, de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contensioso-Administrativa, pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 no concello de Santiago de Compostela.
A Letrada acompañou á súa solicitude o informe de situación da COVID-19 na comarca de Santiago elaborado polo Subdirector Xeral de información de Saúde Pública, que describe que a taxa de incidencia na comarca está medrando, fundamentalmente a causa do aumento de casos no Concello de Santiago, no que concorren varios gromos.
Refire tamén que o grupo de idade que presenta a taxa de positividade máis elevada vai dende os 20 ós 24 anos. Así mesmo, fai constar que o número reproductivo instantáneo atópase por enriba do 1, co intervalo de confianza superior prácticamente superando o 1,5 que indicaría que o gromo non está controlado.
Engádese que nos últimos días xerouse un gromo vinculado ó multiusos «Fontes do Sar» con varios casos positivos, tanto entre traballadores coma clientes do centro. Sinálase tamén no citado informe que os indicadores que definen este gromo sitúano como potencialmente de alto risco, con múltiples cadeas de transmisión e cunha alta porcentaxe de probas PCR positivas entre os contactos estritos dos casos detectados, polo que recomenda establecer unha serie de restricións no concello de Santiago, tendo en conta a recomendación do Comité Clínico de actuar de xeito máis selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta acoutando o máximo posible e regulando determinadas actividades, xa non por áreas sanitarias ou comarcas, senon por Concellos, ciudades ou incluso parroquias.
O informa tamén avalía como a incidencia acumulada comeza a subir a partires do día 18 de agosto, e de xeito especial, dende o día 25. Sinala tamén que o número de PCR realizadas nos últimos 14 días é de 3.025, cunha porcentaxe de positividade do 7%.
En vista do citado informe que describe a evolución da situación epidemiolóxica, dítase a Orde de 2 de setembro de 2020 que recolle fundamentalmente as medidas recomendadas no dito informe, e interésase a ratificación das restricións ás que se refire o punto segundo pola súa incidencia en liberdades persoais e dereitos fundamentais, en particular, o dereito a reunión.
No punto segundo figuran as seguintes restricións:
“Restricciones a las agrupaciones de personas para la protección de la salud ante la existencia de un riesgo de carácter transmisible
O órgano xudicial que coñece do asunto entende que a autorización ou ratificación xudicial será precisa, exclusivamente, para aquelas medidas sanitarias que, como reseña o precepto legal, impliquen a privación ou restrición da liberdade ou doutro dereito fundamental e que debe indicar a autoridade sanitaria que solicita a intervención do órgano xurisdicional, solicitando a ratificación do punto dous da Orde, que acabamos de comentar, por ser o que restrinxe o dereito de reunión.
Constátase así a necesaria proporcionalidade nas medidas adoptadas, resultando axeitadas para conter os gromos. Están amparadas por normas de rango legal, e limitadas dende a publicación da Orde, nun principio a sete días naturais, suxeitas a avalización e revisión continua e, en todo caso, circunscritas ó ámbito xeográfico do concello de Santiago.
Atendendo á urxencia pola rápida progresión, o perigo para a poboación, e por non implicar un sacrificio excesivo por parte da mencionada poboación dada a grave situación sanitaria, enténdese que as medidas resultan imprescindibles, necesarias e adecuadas ó obxectivo pretendido de facer fronte á pandemia, ó estar comprometido o dereito á saúde e á integridade física da colectividade.
Por todo isto, ratifícanse as medidas acordadas pola Consellería de Sanidade adoptadas na Orde de 2 de setembro de 2020, pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 no concello de Santiago de Compostela.
Descargar o auto: Los juzgados ratifican las medidas preventivas en Santiago
Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.
Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…
Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…
Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…
Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…
El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…
Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…