Autonómico

Un profesor da USC defende a absolución de La Manada

Luciano Méndez Naya, un profesor de Matemáticas na facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, publicou un vídeo no Facebook no que manifesta a súa opinión sobre o caso de La Manada. Méndez, para quen organizacións estudiantís pediron en varias ocasións a inhabilitación, foi sancionado no 2016 con dous meses de suspensión de emprego e salario por realizar comentarios machistas na aula.

Nesta ocasión, sentouse á mesa da súa cociña e grabou un vídeo dando a súa opinión, o que él denomina como o seu xuízo que consiste nunha charla de 12 minutos, tal como se amosa a continuación:

 

No vídeo, Méndez pide a absolución dos cinco rapaces de La Manada condenados a nove anos de prisión por abusos sexuais e critica abertamente á vítima, de quen suxire que incurreu nunha falsa denuncia co único fin de poder tomar a pastilla do día despois, así como ó tribunal que emitiu a sentencia, afirmando que existiu un pacto entre os maxistrados.

Comeza dicindo que o seu xuízo está basado nunha serie de datos certos, e que, considerándose «unha persoa cun claro concepto de xustiza» e obxectiva, aínda que non modesta, pode apreciar de forma «clarísima» que non se trata de ningunha violación, senon que «van a un hotel con intención de facer o amor».

Aínda que admite que non veu o vídeo, o docente afirma que non o precisa para estar convencido de que a denunciante disfruta da situación. Tendo en conta a discrepancia entre os propios maxistrados no que se refire ós feitos, non hai nada que un lector da sentencia poida apreciar de forma «clarísima».

«A chavala vese sola e borracha e sen ter que facer, atopa a cinco tipos con gana de marcha e acompáñaos. Van a un hotel con intención de facer o amor. A tipa vaise morreando cos tipos, sabe ó que vai. Métense nunha casa, e a chavala déixase facer e disfruta da situación».

Non é posible, según o docente, violar a unha rapaza nun portal, por temor a que salan os veciños. O único que afea Méndez dos condenados é que «a deixasen tirada”, o que entende que “non é elegante, pero tampouco punible». É por isto que pide a “libre absolución dos chavales”, de quenes di que «tampouco son bellas personas”. Define como «esperpento social o que se está armando con esta historia»

Asegura que houbo un pacto entre os xuíces para non condenar á rapaza: «neniña, non nos veñas coas túas tonterías, que estamos falando de cousas moi serias». Os xuíces, temerosos da presión social, quixeron cumplir coa profesión pero máis co histerismo social, apunta o profesor.

Anima a cambiar as leis, pero que non sexa por este caso, senon por outros que non consistan en falsas denuncias. Aínda que as leis teñen que ser duras cos agresores, tamén coas mulleres que denuncian con feitos falsos, dispón no vídeo.

Sinala que a súa opinión non é unha opinión máis, porque según o docente, hai opinións e opinións. Calquera persoa cun pouco de formación non pode discrepar da súa opinión. Concretamos que este profesor encárgase da materia de matemáticas na Facultade de Económicas, con nula formación en dereito.

No vídeo comenta que a denunciante cambiou tres veces de versión durante a investigación do caso, e insiste en que decidiu denunciar “para que lle deran a píldora do día despois”. 

Resulta obvio que este profesor fala desde o absoluto descoñecemento e desinformación cuñadil, non pola súa posición en apoio ó voto particular discrepante da sentencia, senon polo absurdo da súa argumentación, deixándose en evidencia en múltiples ocasións. A máis ridícula, entre outras, cando asegura que a moza se animou a denunciar para poder facerse coa píldora do día despois, ignorando que nin moito menos é necesaria unha denuncia para acceder a esta medida anticonceptiva de emerxencia. Ou tamén cando afirma que uns violadores nunca acudirían a un portal dun edificio a risco de que os escoiten os veciños, como fundamento principal.

Flaco favor lle fai ó maxistrado Ricardo González, xuíz que, aínda que non dictou en favor do que a multitude desexaba, argumentou xurídicamente a súa visión e analizou con lupa cada un dos feitos e das probas dando como resultado un voto particular extenso e sostido, se ben non compartido pola sociedade.

Trala polémica causada co primeiro video, publicou un segundo:

 

Neste último di que él non se oculta e que está disposto a defender a súa postura, non ante aqueles que o insultan. Ademáis, maniféstase en desacordo coa utilización da píldora do día despois. Considera que non debería estar ó alcance de «calquera borracha que chegue pedíndoa» e que «os erros hai que pagalos», en relación ós posibles embarazos. Con motivo do seu doado alcance, denomínaas «píldoras abortivas para o desayuno».

En canto ó feito de que sexa profesor e teña alumnos ó seu cargo, insiste en que él non fala destas cousas durante as clases, «enseña á xente a pensar con rigor».

Para rematar, quéixase de ser atacado pola súa fala, o galego con gheada, no canto de recibir argumentacións en contra das reflexións que comparte no vídeo anterior, pensamento que comparto.

A Universidade de Santiago condena as declaracións do profesor e ten pensado tomar medidas contra él. “Dentro dos límites e garantías do marco xurídico existente, e ante a alerta social creada, a USC está estudando as actuacións que forman parte dos seus procedementos internos e valorando a adopción das medidas correspondentes”, sinalou este xoves a institución nun comunicado. Os responsables universitarios aducen que unha entidade “adicada á formación e á transmisión de valores non pode tolerar actitudes ou actuacións que menoscaben a dignidade das persoas e os dereitos fundamentais, neste caso o da igualdade entre homes e mulleres”.

 

FONTES:

El País, La Vanguardia.

Suscríbete a nuestras noticias

Suscríbete a nuestra Newsletter para recibir las últimas noticias de nuestro blog directamente en tu correo.

You have Successfully Subscribed!

El Rincón Legal

El Rincón Legal: Últimas noticias jurídicas y novedades de Derecho. En nuestro blog encontrarás una amplia sección de noticias, artículos, leyes y jurisprudencia.

Noticias Recientes

Cómo encontrar un abogado: Guía completa para tomar una decisión informada

Elegir a un profesional del derecho en la era actual presenta desafíos sin precedentes. La…

hace 1 año

Las conserveras están obligadas al abono del incremento salarial recogido en el Convenio Colectivo

Muchas son las trabajadoras del sector de la conserva que todavía no han cobrado el…

hace 2 años

4 temas y preguntas para la evaluación de desempeño de su equipo

Es cierto que ningún gerente puede avanzar sin el apoyo de su equipo, pero también…

hace 2 años

La mascarilla deja de ser obligatoria en interiores, salvo excepciones

Hoy entra en vigor el Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que…

hace 3 años

Aprobada la ley que penaliza el acoso a las puertas de las clínicas abortivas

El Pleno del Senado aprueba la ley que modifica el Código Penal con el fin…

hace 3 años

Accidente laboral con resultado de fallecimiento del trabajador. Responsabilidades y prestaciones a percibir

Un trabajador de la empresa de aluminio Cortizo fallecía esta madrugada a causa de un…

hace 3 años