O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comunicoulle está mañá ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, a vontade de Galicia para adherirse á aplicación de rastrexo “Radar Covid” que desenvolve o Goberno central.

O responsable galego de Sanidade apuntou que a aplicación de rastrexo estatal engadirase ao sistema “Passcovid”, que neste intres está a testear na súa fase piloto a Xunta de Galicia, e que será completamente interoperable coa app estatal.

Por medio dunha carta, o titular do departamento sanitario da Xunta Galicia, trasladoulle ao Ministro de Sanidade que a comunidade galega sumarase ao novo sistema de rastrexo e control a COVID-19 -Radar Covid-, que vén desenvolvendo nos últimos meses o goberno de España.

Almuiña sinala que a actual crise sanitaria fai preciso atopar novas vías de control e seguimento para combater a expansión do virus Sars-cov2, e así acadar unha xestión o máis optimizada posible da súa evolución.

Neste senso, Almuiña remarca que “Radar Covid” é unha ferramenta de participación cidadá que, grazas a súa axilidade e eficacia, contribuirá a mellorar a detección precoz de novos casos e, así mesmo, adoptar tamén medidas axeitadas con maior celeridade e precisión, respecto da situación epidemiolóxica.

A aplicación ‘Passcovid’, a aplicación na que está a traballar a Xunta, é un canal telemático e preferente de contacto de residentes e transeúntes en Galicia que, por medio da tecnoloxía Bluetooth e grazas á conexión co Servizo Galego de Saúde e a Central de Rastrexo de contactos, permitirá coñecer con precisión a trazabilidade da COVID-19 na comunidade galega.

A Xunta de Galicia agrupará nunha única app un conxunto de utilidades para cidadanía, incluída a do rastrexo automatizado de contactos, que servirán de soporte e axuda para os profesionais sanitarios. Así, a adhesión a app será voluntaria e garantirá a privacidade e confidencialidade dos datos que se insirán na mesma.

As persoas que descarguen a aplicación ‘Passcovid’, poderán optar por facelo mediante un perfil personalizado, ou ben, por un perfil anónimo.

No primeiro dos casos, os usuarios que desexen rexistrarse poderán facelo por medio da identificación segura Chave365, recibindo alertas, mensaxes e consellos prácticos, en función de sus características en relación con la COVID. Se deciden optar por un perfil anónimo, as mensaxes e alertas gozarán dun carácter moito máis xenérico, e incidirán nos protocolos sanitarios vixentes en Galicia.

En ámbolos dous casos, se a persoa usuaria decide, de xeito voluntario, activar a súa xeolocalización, as mensaxes e alertas estarán referenciadas de acordo á ubicación da persoa en cada intre. Así, ‘Passcovid’ facilitaralle datos moito máis específicos, como poden ser os brotes activos nese concello, os protocolos vixentes no municipio ou as medidas sanitarias que debe adoptar.

Clickando aquí poderá atopar a nota de prensa da Xunta de Galicia a este respecto.

 

 

Imaxe