Etiqueta: CCOO

O TSXG declara nulo o ERE de Alcoa ó entender que a empresa actuou con mala fe nas negociacións

O TSXG declarou nulo o ERE de Alcoa e condena á empresa a reincorporar ós empregados afectados ó seu posto de traballo e a abonárllelos salarios deixados de percibir dende a data do despido ata a súa efectiva readmisión. Estimou, polo tanto, a demanda presentada por CCOO, CIG e UGT fronte ó despido colectivo proposto pola multinacional, que afectaría a 524 traballadores, pola mala fe nas negociacións da empresa.

Leer más

O TSXG prohíbe a Alcoa levar a cabo calquera actuación que supoña a parada das cubas

Os maxistrados entenden que a empresa pode executar os despidos e deter a produción, pero debe manter as cubas de electrolise en situación de retomar a actividade de maneira inmediata por se o ERE fose considerado nulo. As cubas electrolíticas nas que se elabora o aluminio non poden parar a fin de evitar que o metal solidifique no seu interior. Unha parada así sería case irreversible, pois significaría prácticamente o peche.

Leer más
Cargando

Suscríbete!

Enlace Patrocinado