O TSXG declara nulo o ERE de Alcoa ó entender que a empresa actuou con mala fe nas negociacións

O TSXG declarou nulo o ERE de Alcoa e condena á empresa a reincorporar ós empregados afectados ó seu posto de traballo e a abonárllelos salarios deixados de percibir dende a data do despido ata a súa efectiva readmisión. Estimou, polo tanto, a demanda presentada por CCOO, CIG e UGT fronte ó despido colectivo proposto pola multinacional, que afectaría a 524 traballadores, pola mala fe nas negociacións da empresa.

Leer más