Os xulgados galegos recibiron no teceiro trimestre do año 1.784 denuncias por violencia de xénero, un 12,3% máis ca no mesmo periodo do ano anterior, cando se presentaron 1.589. A gran maioría das denuncias (1.310) chegaron ós órganos xudiciais a través de atestados policiais coa denuncia da perxudicada.

El número de mulleres que aparecen como vítimas prácticamente manténse, posto que pasou de 1.500 entre xullo y setembro do ano pasado a 1.502 neste exercicio. Os datos estatísticos feitos públicos polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero tamén reflexan unha disminución en Galicia dos casos de vítimas que se acollen á dispensa para non declarar. Se no terceiro trimestre do 2017 optaron por esta opción 108 mulleres, este ano fixérono 92, é dicir, o 5,2 % das vítimas.

Galicia, con 10,7 personas, segue tendo unha tasa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) por debaixo da media estatal (17,1), so por riba de Castela e León e Extremadura. Durante o terceiro trimestre do ano solicitáronse 523 ordes de protección e medidas de protección e seguridade das vítimas, mentras que no 2017 pedíronse 478, o que supón un aumento dun 9,4 %. Das 523 incoadas adoptáronse 355, segundo os datos feitos públicos polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero.

91,7 % das persoas enxuizadas na comunidade galega por delitos relacionados coa violencia de xénero entre o 1 de xullo e o 30 de setembro deste ano foron condeadas. Este dato sitúa á comunidade galega por riba da media estatal, que é de 89%. O 100% dos enxuizados por este tipo de delitos nas Audiencias Provinciais galegas foi condeado, fronte ó 69% das persoas xulgadas nos órganos penais. Tan so Extremadura, A Rioxa e Navarra teñen unha porcentaxe maior de condeas entre os enxuizados nos xulgados do Penal, un 71,6 %, 71,4 % y 70,7 %, respectivamente.

 

Imaxe