Índice
- 1 Visitas a familiares
- 2 Reunións
- 3 Terrazas
- 4 Desprazamentos en coche
- 5 Apertura de comercios
- 6 Mercados ó aire libre
- 7 Velatorios e enterros
- 8 Igrexas e outros lugares de culto
- 9 Ximnasios e instalacións deportivas
- 10 Bibliotecas
- 11 Museos e hoteis
- 12 Franxas horarias
- 13 Movementos entre provincias
- 14 Piscinas
- 15 Centros comerciais
O Ministerio de Sanidade deu luz verde para que toda Galicia, as catro provincias, avancen da fase 0 á fase 1 da desescalada, ante o desconfinamento progresivo de todo o Estado pola pandemia do coronavirus. Estes son os beneficios que conleva que toda a Comunidade superase o primeiro corte:
Visitas a familiares
Poderase visitar a familiares, salvo que algún deles dera positivo por coronavirus ou estea en aillamento. Non se poderá visitar a persoas anciás ou que pertenzan a un grupo de risco, por ser máis vulnerables ó COVID-19.
Reunións
Permítense reunións de ata 10 persoas. Terán que manter a distancia de seguridade de 2 metros e respetar as normas de hixiene relativas ó lavado de mans e a «etiqueta respiratoria» (toser no cóbado e respetar a distancia dun metro). Estas reunións poderán celebrarse tanto na casa como na rúa.
Terrazas
Só se poderán ocupar o 50 % das mesas. Terá que haber unha distancia mínima de 2 metros entre as mesas e os grupos de clientes non superarán as 10 persoas. Ademáis, haberá que desinfectar as mesas entre un cliente e outro, e non se poderán empregar cartas de uso común nin servilleteiros.
Desprazamentos en coche
Os residentes nun mesmo domicilio poden compartir un coche de ata 9 prazas.
Apertura de comercios
Só poderán abrir os comercios de menos de 400 m², coma na fase 0, pero xa non será preciso a cita previa nin a atención individual.
As tendas permitirán a entrada de clientes ata un máximo do 30 % do seu aforo, será necesario manter unha distancia de seguridade mínima de 2 metros e deberase establecer un horario de atención preferente a maiores. Ademáis, os comerciantes terán que desinfectar dúas veces ó día o local. Todo isto atópase recollido nun post específico.
Mercados ó aire libre
Volve a actividade dos mercados ó aire libre na vía pública, aínda que con restriccións relativas ó distanciamento entre postos e a delimitación do mercado ambulante para un correcto control do aforo polas forzas de seguridade. Limítase ó 25% o número de postos habituais e a afluencia máxima permitida será da terceira parte do aforo.
Velatorios e enterros
Limítase o número de familiares que poden estar presentes nun velatorio, que é de 15 persoas se ten lugar ó aire libre e de 10 en espacios pechados.
Para o caso dos enterros, tamén se determina un límite: a comitiva para o enterramento ou a despedida para a cremación do falecido restrínxese a un máximo de 15 persoas e, no seu caso, poderase sumar o sacerdote ou persoa semellante da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do finado.
Igrexas e outros lugares de culto
Os lugares de culto abren na fase 1, pero a afluencia de fieis reducirase a un terzo.
Ximnasios e instalacións deportivas
Se as instalacións deportivas son ó aire libre e as actividades non implican contacto físico (coma o tenis ou o atletismo), poderase acudir na fase 1. Tamén nese momento poderanse realizar actividades deportivas individuais con cita previa en centros deportivos que non impliquen contacto físico nin uso de vestuarios. Porén, o uso de instalacións cuio espazo sexa pechado terase que pospoñer á fase 2 e só cando o deporte se faga sen público e non requira contacto físico.
Bibliotecas
As bibliotecas poderán empezar a restablecer o servizo a partires da fase 1 do plan de desconfinamento. Esta apertura, con todo, farase de xeito escalonado e seguindo unha serie de restriccións para garantizar a seguridade dos seus usuarios e o persoal. Así, nesta fase as bibliotecas poderán ofrecer préstamos e espazos de lectura con limitacións de aforo.
Museos e hoteis
O ministro de Sanidade, Salvador Illa, asegurou que na fase 1 se permitiría a apertura dos comercios con restriccións de aforo, tamén de bibliotecas e museos, ademáis de hoteis e de establecementos turísticos sempre que as zonas comúns permanezan pechadas.
Franxas horarias
O Ministro de Sanidade dixo que se permite ás Comunidades adaptar as franxas horarias tendo en conta a climatoloxía de cada lugar. Con todo, mantéñense outras restriccións.
Movementos entre provincias
Non están permitidos.
Piscinas
Segue sen permitirse o uso de piscinas municipais.
Centros comerciais
Non se permite a súa apertura na fase 1. Tampouco abrirán as tendas de máis de 400 m².