Índice
Galicia promociona este vindeiro luns día 8 de xuño a fase 3, avanzando deste xeito ó derradeiro banzo do plan de desescalada do Goberno central, xunto con outras Comunidades Autónomas. ¿Qué significa este cambio de fase? ¿Qué van poder facer os galegos a partires do luns? ¿Permítese a mobilidade entre provincias? ¿Poden abrir as discotecas? ¿Permítense as consumicións nas barras dos bares?
Mobilidade
A ansiada mobilidade entre provincias será unha realidade a partires da fase 3 naquelas comunidades nas que así o autoricen os Gobernos autonómicos. Esta é unha decisión que trasladou o Goberno central a pasada semana, ó decidir que a gobernanza da última fase de cara á nova normalidade recaia nos presidentes das autonomías. No caso de Galicia, o presidente da Xunta optou por facilitar dita mobilidade entre as provincias galegas.
Sen franxas horarias
Deixarán de existir horarios para tódolos colectivos. Do día 8 en adiante, ningún colectivo terá reservada franxa horaria algunha. Tampouco os maiores ou grupos vulnerables, aínda así, cómpre extremar as medidas de seguridade e hixiene.
Comercio
Nos establecementos comerciais minoristas limitarase o aforo á metade. Aqueles que estean distribuidos en varios andares, deberán gardar a presenza de clientes nesta mesma proporción. Con todo, establecerase un horario prioritario para maiores de 65 anos. Poderanse establecer sistemas de recollida dos produtos adquiridos por teléfono e Internet, así como un sistema de reparto a domicilio para certos colectivos. A venda ambulante contará tamén cun 50 % do aforo.
Os centros comerciais limitarán o aforo das súas zonas comúns ó 40 % e cada tenda faráo ó 50 % no seu interior, de igual maneira que aqueles comercios que non pertenzan a un centro comercial.
Hostalaría
Por fin se permitirán as barras dos bares abertas ó consumo con separación de 2 metros e, a partires de agora, as terrazas ocuparán un 75 % do seu aforo, cunha ocupación máxima de 20 persoas por mesa.
Os bares de ocio nocturno e as discotecas poderán abrir, sempre que non se supere un terzo do seu aforo. No caso de que no local houbera un espazo destinado a pista de baile, dito espazo poderá empregarse para instalar mesas, porque non se poderá adicar ó seu uso habitual.
Hoteis
Poderán reabrirse as zonas comúns dos hoteis e os aloxamentos turísticos ó 50% do seu aforo. As actividades de animación ou clases grupais serán para un máximo de 20 persoas.
Cultura
As bibliotecas poderán ocuparse ó 50% do aforo con estudo en sala, que estará rexido polo mesmo aforo e gardando a distancia de seguridade interpersonal.
Museos e exposicións ó 50% e visitas en grupos de ata 20 persoas. As visitas a monumentos e outros equipamentos culturais, non han de superar a metade do aforo e permitiranse únicamente visitas individuais, de convivintes ou dos citados grupos ata un máximo de 20 persoas.
Os cines, teatros, auditorios, circos de carpa e espazos similares non superarán a metade do aforo da sala e han de contar con butacas preasignadas.
Os espectáculos culturais en espazos pechados non poderán superar o 50% do aforo nin reunir a máis de 80 persoas. Ó aire libre, o público terá que permanecer sentado e non poderá superarse o 50% do aforo nin reunir a máis de 800 persoas.
Turismo activo e de natureza
Poderanse realizarse actividades de turismo activo e de natureza en grupos de ata 30 personas. Para actividades con guía turístico, haberá que concertar cita previa e os grupos serán de ata 20 persoas como máximo.
Deporte
Están permitidos os entrenamentos de carácter medio en ligas non profesionais federadas, así como a celebración de espectáculos e actividades deportivas. As sesións realizaranse sempre que sexa posible por turnos, evitando superar o 50% da capacidade das instalacións deportivas. Con carácter xeral, os deportistas non poderán compartir ningún material. Sanidade autoriza a apertura de piscinas para uso deportivo.
Velatorios e enterros
O límite de asistencia ós velatorios sobe a 50 persoas ó aire libre e a 25 en espazos pechados, sexan ou non convivintes. A participación na comitiva de enterramento ou despedida para cremación queda restrinxida a un tope de 50 persoas.
Lugares de culto
Permítese a asistencia a lugares de culto sempre que non supere o 65% do seu aforo, que deberá estar publicado nun lugar visible.
Vodas
Poden realizarse sempre que non se supere o 65% do aforo e, en todo caso, cun máximo de 150 persoas ó aire libre e de 65 en espazos pechados.
Centros recreativos
Os centros recreativos, zoolóxicos e acuarios reabrirán ó 50% do seu aforo total e limitarase a un terzo o das atraccións e lugares pechados.
Locales de xogo
Permítese a reapertura ó público dos casinos, establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables ós de actividade recreativa de xogos e apostas, sempre que non se supere o 50% do aforo permitido e cun máximo de 50 persoas, contando co persoal.
Congresos, reunións de negocios
Poderán realizarse congresos, encontros, reunións de negocios, conferencias e eventos sen superar a cifra de 80 asistentes.
Ocio infantil e xuvenil
Queda permitida a realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil. Cando éstas se leven a cabo en espazos ó aire libre, deberase limitar o número de integrantes ó 50% da capacidade máxima e cun tope de 200 participantes, incluíndo ós monitores. En espazos pechados, ocuparase solo un terzo da capacidade.