Despois da reunión do 5 de xuño do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), a Xunta de Galicia trasladoulle ó Ministerio a solicitude formal para que a Orde ministerial do BOE que recollía o 6 de xuño o paso de Galicia á Fase 3 reflexe tamén a autorización para facilitar a mobilidade en toda a Comunidade Autónoma a partires de hoxe, luns día 8. Trátase da Orde SND/507/2020, de 6 de xuño, pola que se modifican diversas ordes co fin de flexibilizar determinadas restriccións de ámbito nacional e establecer as unidades territoriais que progresan ás fases 2 e 3 do Plan para a transición cara unha nova normalidade.

Todo isto, en vista de que os datos epidemiolóxicos avalan que en Galicia a incidencia acumulada nos últimos 7 días é de 0,41 casos diagnosticados por cada 100.000 habitantes, fronte ós 4,84 casos por cada 100.000 habitantes no indicador do conxunto de España.

Deste xeito, considerouse que a boa situación epidemiolóxica galega permite avanzar na mobilidad adquirida hoxe entre provincias, que permitirá mellorar á Comunidade dende o punto de vista socioeconómico.

En canto ó modo en que os galegos debemos transportarnos en vehículos terrestres agora por toda a Comunidade Autónoma, esta cuestión queda resolta en virtude das disposicións contidas en dita Orde SND/507/2020, de 6 de xuño, pola que se modifican diversas ordes co fin de flexibilizar determinadas restriccións de ámbito nacional e establecer as unidades territoriais que progresan ás fases 2 e 3 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, no seu artigo 2, sobre condicións de ocupación dos vehículos no transporte terrestre.

Este precepto establece que nas motocicletas, ciclomotores e vehículos categoría L, en xeral, por exemplo quads, que estean provistos con dúas prazas homologadas (condutor e pasaxeiro) poderán viaxar dúas persoas. O uso de luvas será obrigatorio por parte do pasaxeiro e tamén por parte do condutor no caso de motocicletas e ciclomotores destinados a un uso compartido. A estes efectos, serán admitidas as luvas de protección de motoristas.

Nos transportes privados particulares e privados complementarios de persoas en vehículos de ata 9 prazas, incluido o condutor, poderán viaxar tantas persoas como prazas teña o vehículo, sempre que todas residan no mesmo domicilio.

Nos transportes privados particulares e privados complementarios de persoas en vehículos de ata 9 prazas, incluido o condutor, cando non todas convivan no mesmo domicilio, poderán desplazarse 2 persoas por cada fila de asentos, sempre que respeten a máxima distancia posible entre os ocupantes.

Nos transportes públicos de viaxeiros en vehículos de ata 9 prazas, incluido o condutor, poderán desprazarse 2 persoas por cada fila adicional de asentos respecto da do condutor, debendo garantizarse, en todo caso, a distancia máxima posible entre os seus ocupantes. No caso de que tódolos usuarios convivan no mesmo domicilio, poderán ir 3 persoas por cada fila adicional de asentos respecto da do condutor.

Nos vehículos nos que, polas súas características técnicas, únicamente se dispoña dunha fila de asentos, coma no suposto de cabinas de vehículos pesados, furgonetas, ou outros, poderán viaxar como máximo 2 persoas, sempre que garden a máxima distancia posible.

No transporte público regular, discrecional e privado complementario de viaxeiros en autobús, así como nos transportes ferroviarios, nos que tódolos ocupantes deban ir sentados, poderán usar a totalidade dos asentos. Cando o nivel de ocupación o permita, procurarase a máxima separación entre os usuarios.

Nos transportes públicos colectivos de viaxeiros de ámbito urbano e periurbano, nos que existan plataformas habilitadas para o transporte de viaxeiros de pe, poderán ocuparse a totalidade das prazas sentadas, e manterase unha referencia de ocupación de 2 usuarios por cada metro cadrado na zona habilitada para viaxar de pe, debendo procurarse, en todo caso, a maior separación entre os pasaxeiros.

 

 

 

Imagen