Un establecemento hoteleiro lanzou hai uns días unha cuestión dirixida ó perfil de Twitter que a Real Academia Española emprega para responder preguntas ou aclarar equívocos sobre o uso da lingua castelá. A RAE resolveu a dúbida e indica que «fuera de usos oficiales, al hablar o escribir en español, lo indicado es emplear «La Coruña»».
#RAEconsultas Fuera de usos oficiales, al hablar o escribir en español, lo indicado es emplear «La Coruña»: «Voy a La Coruña». En la lengua oral de algunas áreas, puede darse además la omisión del artículo: «Voy a Coruña».
— RAE (@RAEinforma) August 26, 2019
No que se refire á toponimia galega, o artigo 10 da Lei 3/1983, de 15 de xuño, de normalización lingüística de Galicia dispón, no seu apartado primero, que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
Continúa o apartado seguinte aclarando que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia.
No apartado terceiro establece que estas denominacións son as legais a tódolos los efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia reglamentará a normalización da rotulación pública respetando en tódolos casos as normas internacionais que suscriba o Estado.
En canto á igualdade entre ambolos dous idiomas, os poderes públicos garantizarán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma, en atención ó artigo 2 da mesma lei.
Para rematar, o artigo 4, no seu apartado primeiro, dispón que o galego, como lingua propia de Galicia, é a lingua oficial das institucións da Comunidad Autónoma. Pero establece o apartado segundo que tamén o é o castelán, por ser lingua oficial do Estado.
A RAE di que o “indicado” é empregar a forma «La Coruña» cando se fale en castelán pero, se a lexislación confirma que o nome oficial é A Coruña, e ambalas dúas linguas son oficiais e teñen a mesma consideración, +por qué insistir en que o máis indicado é utilizar a forma en castelán? En tal caso, todo apunta a que sería máis correcto en galego, aínda que comúnmente se utilice o castelán.