Antón Fraguas Fraguas adicou a súa vida ó estudo da cultura e do territorio galego en diferentes ámbitos, con especial atención á antropoloxía. Ademáis, cos seus traballos contribuíu a defender o idioma propio como lingua de expresión para cualquera coñecemento.

Foi historiador, mestre e director e tamén presidente do Museo do Pobo Galego, así como un dos fundadores da Sociedade da Lingua e membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, no que inaugurou, baixo a dirección de Otero Pedrayo, os estudos de xeografía histórica.

Entrou en contacto co galeguismo de novo, cando estudou Bacharelato en Pontevedra, onde comezou a ter interés pola cultura galega grazas a docentes como Antón Losada Diéguez, Castelao e Ramón Sobrino Buhigas no Instituto Xeral Técnico.

Durante a súa xuventude publicou na revista “Nós” e no xornal galeguista ‘A Nosa Terra’, e deixou biografías de personaxes ilustres como Manuel Murguía e Castelao, ademáis da que foi a súa tese de doutorado: sobre o Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela.

Foi mestre auxiliar de Xeografía e Historia na USC e no 1933 conseguíu a cátedra no instituto de A Estrada, que lle foi arrebatada ó comenzar a Guerra Civil, motivo polo que tivo que adicarse á educación privada nunha academia propia, a de Menéndez Pelayo, aberta no 1938 na rúa Algalia de Abaixo na capital galega.

A partires do 1942, unha vez revisado o seu expediente de depuración, compatibilizou a dirección desta escola coa docencia na Facultade de Xeografía e Letras da USC, ata que en 1950 volveu gañar a cátedra da que fora suspendido, coa que foi docente no Instituto Masculino de Lugo e no Feminino Rosalía de Castro de Santiago, onde exerceu ata a súa xubilación forzosa en 1975. Compaxinou a ensinanza coa investigación, en contacto con órganos coma o Instituto Padre Sarmiento e a Real Academia Galega, na que ingresou no 1956, no sitio que deixou Castelao.

Recibiu, entre outros galardóns, o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao, o Premio Trasalba e o Premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia.

Escribiu sobre xeografía e arqueoloxía, pero no campo no que máis destacou foi na cultura espiritual campesiña. As festas e romarías populares, as cantigas, as crenzas e as costumes aparecen nos seus ensaios.

 

Imagen

Imagen