A sección segunda da Audiencia Provincial de A Coruña condenou a 14 anos e medio de prisión a un acusado de violar a unha menor de idade en agosto do 2017, durante a celebración das festas dunha localidade situada no partido xudicial de Noia.
O tribunal considerouno culpable dun delito de agresión sexual cometido sobre persoa menor de 16 anos e tivo en conta a agravante de obrar con abuso de confianza, pois tiña relación familiar coa vítima. Ademáis da pena de prisión, fóronlle impostos 8 anos de liberdade vixiada e a prohibición de comunicarse e aproximarse á menor durante 20 anos. O imputado deberá indemnizar á vítima, que tiña 14 anos cando aconteceron os feitos, con 50.000 euros como indemnización polas lesións que sufriu e polos danos morais.
Os feitos aconteceron o 5 de agosto do 2017 no partido xudicial de Noia, cando o procesado e a menor se atopaban no campo da festa, e o primeiro lle dixo que tiña que falar en privado con ela.
Levouna a unha zona escura e, co propósito de satisfacer os seus desexos sexuais, agarrouna fortemente e comenzou a bicala e a toqueteala, para poñela contra a parede dunha casa, desvestila e penetrala vaxinal e analmente. Finalmente, agarrouna pola cabeza y introdúxolle o pene na cavidade bucal, ata que, ó escoitar uns ruidos, afloxou a presión que exercía sobre a menor, que puido soltarse e escapar.
Como consecuencia da violación, a rapaza sufriu varias laceracións e un cadro de estrés postraumático e depresivo durante máis de 275 días.
O home alegou ó longo do xuízo celebrado na Audiencia Provincial de A Coruña que estaba borracho e que non se acorda de nada.
“Non se aprecia na testemuña da menor sentimento algún de odio, resentimento ou vinganza contra o procesado, con quen manifestou ter unha boa relación previa polo parentesco que os unía e polo trato familiar que tiveron durante anos”, indica o tribunal, quen resalta que a súa declaración foi “seria, crible, consistente e persistente, sen que se poida asimilar á repetición mimética, dende o primeiro momento, de todo o acontecido”. Os maxistrados tamén tiveron en conta á hora de sentenciar ó acusado os informes dos médicos forenses que exploraron á menor en urxencias e os estudos xenéticos das mostras obtidas na exploración, que evidenciaron a presenza de ADN masculino, “sendo os estudos de marcadores de cromosoma compatibles coas mostras obtidas do condenado”.