Na noite de onte publicáronse o DECRETO 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, así como a ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, no DOG. Ditas normativas conteñen as seguintes medidas que entraron en vigor no día de hoxe.

¿Qué medidas nos comezan a afectar de hoxe en diante? ¿Limitacións entre concellos? ¿Reunións únicamente de conviventes? ¿Existen excepcións a estas disposicións? ¿Mobilidade nocturna? ¿Entrada e saída de persoas en Galicia?

Limitacións da entrada e saída de persoas en concellos

O artigo 1.1 dispón que “quedan restrinxidas a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial de cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia considerados individualmente”.

Excepción a ditas limitacións de mobilidade por concellos

O artigo 1.2 aclara que “quedan exceptuados das anteriores limitacións aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

  1. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  2. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais, sindicais e de representación de traballadores ou legais.
  3. Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
  4. Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.
  5. Asistencia e coidado, incluído o acompañamento, a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  6. Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.
  7. Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.
  8. Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.
  9. Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.
  10. Coidado de hortas e animais.
  11. Asistencia a academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación.
  12. Desprazamento a establecementos comerciais polo miúdo de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade en territorios limítrofes cando non exista alternativa no propio concello.
  13. Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  14. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada

Limitacións nas reunións a persoas convivintes

O artigo 2.1 do Decreto establece que “a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará condicionada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

Polo tanto, permítense unicamente as reunións familiares, sociais e lúdicas, de carácter informal non regrado, das persoas que pertencen ao mesmo núcleo ou grupo de convivencia, con independencia de que se desenvolvan ao aire libre, e no ámbito público ou privado, en locais cerrados ou vehículos privados particulares”.

Excepcións a ditas limitacións de reunión entre convivintes

O artigo 2.2 matiza que “as limitacións establecidas no punto anterior exceptúanse nos seguintes supostos e situacións:

  1. As persoas que viven soas, que poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada. Cada unidade de convivencia pode integrar soamente unha única persoa que viva soa.
  2. A reunión de persoas menores de idade cos seus proxenitores, no caso de que estes non convivan no mesmo domicilio.
  3. A reunión de persoas con vínculo matrimonial ou de parella cando estes vivan en domicilios diferentes.
  4. A reunión para o coidado, a atención, a asistencia ou o acompañamento a persoas menores de idade, persoas maiores ou dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables.
  5. No caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
  6. As actividades previstas no anexos da Orde da Consellería de Sanidade, do 26 de xaneiro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, respecto das cales se prevexa a posibilidade de grupos de persoas que non sexan conviventes.
  7. Por causa de forza maior ou situación de necesidade”.

Limitación da mobilidade nocturna

O artigo 4 di que “durante o período comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización das seguintes actividades:

  1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
  2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  3. Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
  4. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
  5. Retorno ao lugar de residencia habitual, tras realizar algunhas das actividades previstas neste punto.
  6. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  7. Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  8. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
  9. Abastecemento en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

Limitación temporal da entrada e saída de persoas en Galicia

O artigo 5 manifesta que “entre o día 27 de xaneiro de 2021 ás 00.00 horas e o día 17 de febreiro de 2021 ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos motivos previstos”.

Entrada en vigor

O artigo 7 di que “a eficacia das medidas previstas neste decreto comezará ás 00.00 horas do día 27 de xaneiro de 2021 e terminará ás 00.00 horas do día 17 de febreiro de 2021”. Sen perxuízo de que, “non obstante o anterior, en cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento”.

 

 

Imaxe