A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nulo o ERE de Alcoa e condena á empresa a reincorporar ós empregados afectados ó seu posto de traballo e a abonárllelos salarios deixados de percibir dende a data do despido ata a súa efectiva readmisión.

O alto tribunal, polo tanto, estimou a demanda presentada polos sindicatos CCOO, CIG e UGT fronte ó despido colectivo proposto pola multinacional do aluminio, con sede en San Cibrao (Lugo), que afectaría a 524 traballadores da planta. A Sala aprecia mala fe nas negociacións por parte da empresa, pois asegura que a súa posición sobre os despidos e as súas compensacións non variaron ni un ápice dende a súa proposta inicial.

Os maxistrados conclúen que a intención da compañía é paralizar as cubas eletrolíticas da fábrica para o seu posterior peche e entenden que coa oferta de ERE que realizou ó comité de empresa pretendía vestir o mesmo, pero dunha maneira diferente. Así, destacan que ese Expediente de Regulación Temporal de Emprego non privaría á empresa da posibilidade de extinguir os contratos de traballo unha vez rematada a súa vixencia.

Os xuíces consideran sumamente significativo o número de traballadores afectados polos despidos, pois destacan que o seu porcentaxe aproxímase, sen superalo, a aquel que, segundo as normas regulatorias, lle permite á empresa consolidalas axudas recibidas das administracións públicas sen ter que devolvelas e, á vez, sen impedirlle o peche das cubas. Ademáis, insisten en que os traballadores mantidos en plantilla poderían ser despedidos unha vez superados os prazos de garantía das axudas. Todo isto permítelle á Sala deducir, segundo explica na sentenza, que o fin único e primordial que guiaba á empresa era apagar as cubas e pechar a fábrica da maneira máis rentable posible.

O TSXG asegura que tódalas supostas concesións realizadas por Alcoa durante a negociación produxéronse coa finalidade de evitar a calificación de nulidade do despido, que lle impediría levar a cabo a decisión estratéxica de paralización das cubas e o peche da fábrica. Así, indica que a Xunta advirtiulle ata en dez ocasións sobre a necesidade de prolongar o período de consultas, algo que a compañía realizou sempre no último momento e con resistencias, insistindo reiteradamente no elevado custe de manter as cubas eletrolíticas en funcionamento.

O ofrecemento do ERE prodúxose, segundo os maxistrados, tras unha advertencia da Xunta, como autoridade laboral competente, e nun momento moi avanzado da negociación. Ademáis, conclúen que se prolongou, non coa finalidade de discutir sobre o despido colectivo, senon para deixar tempo para negociar a venda cun terceiro. A pobreza das negociacións é tal que se limitou prácticamente a dúas cuestións no que se refire ás posibilidades reais da venda da planta de aluminio a un terceiro e os efectos da parada e rearranque das cubas de eletrolisis, subraia a Sala.

Os xuíces afirman no fallo que os diálogos de Alcoa cunha empresa para vender a planta permiten sospeitar da existencia dunha decisión estratéxica, pois sosteñen que a multinacional entrou na negociación con posicións predeterminadas e un claro obstáculo para non chegar a un acordo final.

Lembramos que nun recente pronunciamento, o TSXG prohibía a Alcoa levar a cabo calquera actuación que supoña a parada das cubas, a través dunhas medidas cautelares solicitadas e estimadas polo tribunal.

 

 

Imaxe