Os concellos a que se refire o número catro do punto segundo da da ORDE do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, terán que atender ás seguintes cuestións.
ESTABLECEMENTOS QUE PECHAN:
Así, adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estenda a eficacia da medida, das seguintes actividades, que se enumeran a continuación.
- Espectáculos públicos:
- Espectáculos taurinos.
- Espectáculos circenses.
- Espectáculos feirais e de exhibición.
- Espectáculos pirotécnicos.
- Actividades recreativas:
- Actividades culturais e sociais.
- Actividades de ocio e entretemento.
- Atraccións recreativas.
- Actividades de restauración.
- Actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
- Aqueles establecementos abertos ao público:
- Establecementos de espectáculos públicos.
- Circos.
- Prazas de touros.
- Recintos feirais.
- Establecementos de actividades recreativas.
- Establecementos de xogo.
- Casinos.
- Salas de bingo.
- Salóns de xogo.
- Tendas de apostas.
- Establecementos para actividades deportivas.
- Pistas de patinaxe.
- Piscinas recreativas de uso colectivo.
- Establecementos para atraccións e xogos recreativos.
- Parques de atraccións e temáticos.
- Parques acuáticos.
- Salóns recreativos.
- Parques multiocio.
- Establecementos para actividades culturais e sociais.
- Salas de concertos.
- Establecementos de restauración.
- Restaurantes.
- Salóns de banquetes.
- Cafetarías.
- Bares.
- Establecementos para actividades zoolóxicas, botánicas e xeolóxicas.
- Establecementos de ocio e entretemento.
- Salas de festas.
- Discotecas.
- Pubs.
- Cafés-espectáculo.
- Furanchos.
- Centros de lecer infantil.
- Establecementos de espectáculos públicos.
ESTABLECEMENTOS QUE CONTINÚAN ABERTOS:
Quedan, por tanto, exceptuados destas limitacións as seguintes actividades e establecementos, que poderán continuar abertos:
- Espectáculos públicos:
- Espectáculos cinematográficos.
- Espectáculos teatrais e musicais.
- Espectáculos deportivos.
- Actividades recreativas:
- Actividades deportivas.
- Aqueles establecementos abertos ao público:
- Establecementos de ocio e entretenemento
- Cine.
- Teatro.
- Auditorios.
- Establecementos de espectáculos deportivos
- Estadios deportivos.
- Pabillóns deportivos.
- Recintos deportivos.
- Ximnasios.
- Piscinas de competición.
- Establecementos culturais
- Museos.
- Bibliotecas.
- Salas de conferencias.
- Salas polivalentes.
- Establecementos de ocio e entretenemento
Dito isto, os establecementos de restauración permanecerán pechados ao público e poderán prestar exclusivamente servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.
Os establecementos de restauración de centros sanitarios ou de traballo que limiten a súa actividade aos traballadores deles ou, no caso dos centros sanitarios tamén a acompañantes de doentes, poderán manter o servizo de cafetaría, bar e restaurante. Non poderán superar o 50% da súa capacidade. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. A ocupación máxima será de seis persoas por mesa ou agrupación de mesas e deberán ser todas elas conviventes.
A maiores, o artigo 2.2 da ORDE indica que se mantén en toda a Comunidade Autónoma o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.