A sección primeira da Audiencia Provincial de A Coruña emitiu unha providencia na que acorda distribuir as cantidades depositadas no órgano xudicial entre os 265 afectados pola catástrofe do Prestige, a maior catástrofe ecolóxica . En concreto, a Audiencia reparte 51.742.034 euros, dos que 27.199.464 foron depositados polo FIDAC, que son Fondos internacionais de Indemnización de Danos debidos Á Contaminación por hidrocarburos. En particular, son dúas organizacións intergubernamentales (o Fondo de 1992 e o Fondo Complementario) que facilitan a indemnización dos daños debidos á contaminación por hidrocarburos resultante de derrames de hidrocarburos persistentes procedentes de buques tanque.
A contía restante, 24.542.570 euros, proceden na súa maioría, 22.777.986 euros, da aseguradora do buque, The London Steamship Owners Mutual Insurance Association (The London P&I CLUB) e, o resto, da venda do fuel recuperado do petroleiro.
Os fondos repártense proporcionalmente, segundo as indemnizacións recoñecidas, entre o Estado español, como principal perxudicado, que recibirá 40.671.748 euros, e o francés, con 9.265.515 euros. A Xunta de Galicia verase resarcida con 202.472 euros, contía notablemente inferior á que recibirá o Estado francés aínda véndose infinitamente menos perxudicado que a comunidade galega. Tamén entre outros 262 afectados polo vertido que son particulares, empresas, mancomunidades, concellos e sociedades.
O fallo dos maxistrados causa gran decepción entre a cidadanía galega dando por feito que ó non haber responsables, ninguén asumirá o custe económico das consecuencias a nivel autonómico.
Marea negra nas costas de Galicia
O Estado español, que xa tiña recibido preto de 120 millóns euros do FIDAC, iniciou un pleito en Londres para lograr os 1.000 millóns de dólares (907 millóns de euros) da póliza de seguro do Prestige, un proceso xudicial que se aventura moi longo, dada a resistencia da aseguradora a recoñecer a sentenza do Tribunal Supremo, que considera á mutua británica responsable civil directa da marea negra.
A Audiencia estableceu o principal de execución de sentenza en 1.441.562.943, sen contar os 392.923.977 de intereses moratorios; 87.144.811 de intereses procesuais; e 573.797.973 de intereses, costas e gastos de execución.
As costas galegas foron as auténticas vítimas desta masacre medioambiental. O vertido da carga causou unha das catástrofes medioambientais máis grandes da historia da navegación, tanto pola cantidade de contaminantes liberados como pola extensión da área afectada, unha zona comprendida desde o norte de Portugal, país que non se veu resarcido económicamente polos danos causados, até as Landas de Francia, un pequeño territorio da costa do sudeste francés completamente afastado da zona do accidente, polo que os danos sufridos foron ínfimos en proporción ás costas galegas. Este nefasto episodio tivo absoluta incidencia en Galicia, en particular, na Costa da Morte, causando ademáis unha crise política.
O derrame de petróleo do Prestige foi considerado o terceiro accidente máis costoso da historia, pois a limpeza do vertido e o selado do buque tiveron un custe estimado de 12.000 millóns de dólares, o dobre que a explosión do Challenger pero por detrás da desintegración do Columbia y o accidente nuclear de Chernobyl.
A maiores dos terribles danos medioambientais, nunha costa repleta de viñas mariñeiras o perxuízo causado nas actividades pesqueiras e marisqueiras, así como sobre o resto das actividades económicas relacionadas directa o indirectamente co mar, é irreparable. En concreto, 2500 barcos e 7000 familias quedaron amarrados en porto. Ás perdas derivadas de non poder embarcar hai que sumar a crise de mercado e as perdas de producto importado, especialmente marisco.