O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de A Coruña acordou, a instancias do Estado, a execución provisional da sentenza que declara que o pazo de Meirás é propiedad pública e ordena á familia Franco a súa devolución.

A maxistrada fixou a entrega voluntaria do inmoble por parte da familia Franco o 10 de decembro ás 11 horas. Por motivos de seguridade, e co fin de preservar a súa integridade, a entrega será verificada pola comisión xudicial no propio pazo. Os demandados mostráronse conformes coa execución provisional da sentenza. A xuíza, porén, advirte que se non realizan a entrega no día e hora sinalados, procederase no mesmo acto ó inmediato desaloxo.

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de A Coruña estimou o pasado 2 de setembro a demanda interposta polo Estado e declarouno propietario do Pazo de Meirás, polo que condenou á familia Franco á devolución do inmueble sen ser indemnizada polos gastos nos que afirmaba ter incurrido para o mantemento da propiedade. No procedemento, a Xunta de Galicia, o Concello de Sada, o de A Coruña e a Diputación Provincial defenderon tamén a postura da Avogacía do Estado, mentres que como demandados constaban seis familiares de Francisco Franco e unha sociedade limitada.

A maxistrada Marta Canales declarou na sentenza a nulidade da doazón efectuada no 1938 do predio denominado Torres o Pazo de Meirás ó autoproclamado xefe de Estado, o ditador Francisco Franco, por carecer do requisito esencial de forma. Ó entender que a propiedade do inmoble corresponde ó Estado, a xuíza declarou tamén nula a parte da escritura pola que os herdeiros de Franco se fixeron co predio, así como a doazón que se recolle nunha escritura de novembro de 1982.

A familia Franco xa recurreu a sentenza, cuxa execución provisional levarase a cabo en decembro, ante a Audiencia Provincial de A Coruña.

Ditada sentenza que ordena á familia Franco a devolución do Pazo de Meirás por ser propiedade do Estado

Admitida a adhesión da Xunta e do Concello de Sada á demanda para recuperar o pazo de Meirás

 

 

Imaxe