O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle a razón ó Sindicato Central Unitaria de Traballadores (CUT) que denunciou á Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) por esquirolaxe interno ó sustituir a unha folguista por outro traballador da propia empresa.

Nunha sentencia do pasado 26 de abril, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia constata que a presentadora habitual do informativo decidiu acollerse ó seu dereito á folga feminista durante toda a xornada laboral polo que non acudeu ó seu posto de traballo sendo sustituida polo propio editor do programa que, en situacións ordinarias, non ten asignada tal función. Neste senso, o xulgado da por probados os feitos e encádraos, de conformidade co Real Decreto-Ley 17/1977, dentro do denominado esquirolaxe interno.

O fallo xudicial recorda que a prohibición da sustitución interna dos traballadores é consecuente coa necesidade de garantizar a efectividade do dereito fundamental en xogo y que cando as funcións propias dos traballadores que deciden secundar a folga son realizadas por outros traballadores da mesma empresa que, normalmente desempeñan outras funcións, enténdese lesionado dito dereito.

A sentencia ten en conta que a principal reivindicación de dita movilización é a igualdade real das mulleres no mundo laboral e que, como sinala o sindicato CUT, trátase de visibilizar as consecuencias da ausencia das mulleres traballadoras nos seus postos de traballo. Por este motivo, o fallo declara que non son visibles se a ausencia de dita traballadora fémina é suplida por un traballador varón.

De este xeito, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declara vulnerado o dereito á folga do sindicato CUT como convocante da folga xeral en Galicia durante o 8 de marzo e declara  nula a decisión empresarial de sustituir á traballadora e manter a emisión do programa. A canle pública foi condenada a abonar ó sindicato 15.625,50 euros en concepto de indemnización por danos e perxuízos, podendo recurrirse dita sentencia ante o Tribunal Supremo.