A sección segunda da sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso interposto contra o decreto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no que se aprobou a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, en concreto, do Camiño Francés, no límite do aeroporto de Lavacolla, no Concello de O Pino.

Os maxistrados subraian que o demandante non acredita suficientemente a falla de rigor histórico da delimitación realizada no decreto. Ademáis, aseguran que segue un concepto puramente historicista e estático do Camiño de Santiago, conforme ó cal todo lugar polo que se produxo durante un tempo o paso de quenes peregrinaban a Santiago de Compostela ten que ser considerado traza do camiño e recuperada e protexida como tal, aínda que actualmente non poida, en razón do seu estado, utilizarse como lugar de tránsito. O tribunal, ademáis, destaca que o Camiño, máis que pertencer ó patrimonio de bens materiais, forma parte do patrimonio inmaterial, que é vivo, dinámico e suxeito ós cambios da cultura que o sostén.

A decisión da Xunta, segundo a sentenza, é motivada e non vulnera a normativa. En canto á delimitación efectuada, o fallo sinala que respeta os criterios de historicidade e autenticidade, e non deixa desprotexida a traza con vestixios. O tribunal asegura que da proba practicada resulta probado que a identificación do Camiño é conforme a Dereito, combinando dita delimitación coa axeitada protección dos elementos vinculados ó camiño en desuso.

O tribunal tamén recorda que na lei de protección dos Camiños de Santiago non se establece de forma precisa a metodoloxía de delimitación a empregar, o cual ocorre en tódalas comunidades autónomas, nin se refire á necesidade de levala a cabo, exclusivamente, en base a momentos históricos concretos nin a trazas orixinarias, configurando o lexislador o Camiño de forma viva e dinámica.

O TSXG insiste en que as variacións nas rutas do camiño foron constantes ó longo da historia e estiveron motivadas por distintas circunstancias: dar continuidade funcional ó trazado, seguridade, infraestruturas públicas, etc. A sala, ademáis, argumenta que da proba pericial resulta probada a dificultade de recuperar de forma exacta o trazado dos camiños medievais, salvo en puntos esenciais e moi concretos, habendo de partir, como ocorre neste caso, da motivación das decisións da Administración e a composición do equipo técnico encargado desa tarefa.

 

 

Imagen