A Xunta de Galicia publica no DOGA a ORDE do 4 de novembro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Limitacións na mobilidade entre concellos e nas reunións de persoas en Galicia

Medidas agrupadas por Anexos segundo a zona territorial á que afectan

A antedita orde só consta de catro artigos e outros tres anexos, estes últimos explicámolos a continuación en post individuais, pola súa extensión:

Anexo I Medidas de prevención específicas aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia”, é dicir, medidas de prevención aplicables en toda Galicia, agás nos concellos máis afectados polas medidas da Xunta.

“Anexo II Medidas de prevención específicas nos concellos a que se refire o número catro do punto segundo da presente orde”, isto é, medidas de prevención para os concellos máis afectados polas medidas da Xunta.

Anexo III Peche temporal de actividades non esenciais nos concellos a que se refire o número catro do punto segundo da presente orde”, que contén unha lista de actividades e negocios obrigados ó peche temporal e á apertura nos concellos máis afectados polas medidas da Xunta.

¿En qué concellos se aplican as restricións máis duras?

Tal e como cabe deducir da lectura dos títulos dos Anexos, as medidas máis restrictivas figuran nos Anexos II e III, e aplícanse nos seguintes ámbitos territoriais, acompañando as medidas do Anexo I.

  1. No ámbito territorial dos concellos de Vigo, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño e Gondomar.
  2. No ámbito territorial dos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo-Lameiro e Poio.
  3. No ámbito territorial dos concellos da Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre.
  4. No ámbito territorial dos concellos de Ferrol, Ares, Neda, Narón, Fene e Mugardos.
  5. No ámbito territorial dos concellos de Ourense, Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Toén.
  6. No ámbito territorial dos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra.
  7. No ámbito territorial dos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Cambados.
  8. No ámbito territorial dos concellos de Lalín, Silleda e A Estrada.
  9. Nos concellos de Lugo, Viveiro, Burela, Monforte, Vimianzo, O Carballiño, Verín, Xinzo de Limia, Cangas, Ponteareas, Tui e O Grove.

É dicir, nos concellos onde tamén se aplican restricións á mobilidade entre os propios concellos, salvo causa xustificada, e limitacións nas reunións de persoas, que comentabamos nun post anterior.

Duración das restricións

A eficacia das medidas estenderase ata as 15.00 horas do 4 de decembro de 2020. Non obstante o anterior, serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser modificadas ou levantadas antes do transcurso do período indicado por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

 

Imaxe