No día de hoxe imos analizar a recente sentenza dictada polo Tribunal Militar Territorial de A Coruña (STMT 70/2021) sobre o delito de «abuso de autoridade» previsto e penado no Código Penal Militar, en relación á conducta efectuada por catro Garda Civís con destino no Posto da Garda Civil de Noia, quenes hostigaron e humillaron a un compañeiro de profesión durante catro anos a razón da súa orientación sexual.

Descarga a sentenza: STMT_70_2021 – guardia civil

Condena: 10 meses de prisión para cada un dos condenados e 10.000 euros de indemnización de pago solidario.

O fallo da sentenza condena ó Cabo Primeiro da Garda Civil e a outros tres Garda Civís como autores responsables dun delito consumado de «abuso de autoridade«, previsto e penado no artigo 48 do Código Penal Militar de 2015, no que concorre a circunstancia atenuante de dilacións indebidas, prevista no apartado sexto do artigo 21 do Código Penal, á pena de dez meses de prisión a cada un, coas accesorias de suspensión de cargo público e dereito de sufraxio pasivo durante a principal.

Además, en concepto de responsabilidade civil, condénase ós catro procesados a abonar solidariamente ó Gardia Civil perxudicado, na contía de 10.000 euros, polos danos psíquicos e morais causados á vítima polo delito.

O tribunal remítese á Autoridade con potestade disciplinaria, a efectos de que poida valorar a conducta protagonizada polo actual Subtenente e doutro Garda Civil, por incurrir nunha falta moi grave regulada no artigo 7.4, ou nalgunhas das faltas graves reguladas no artigo 8 da Lei 12/2007, do Réxime Disciplinario da Garda Civil.

Feitos

Insultos homófobos

A vítima, de profesión Garda Civil, incorporouse ó seu destino no Posto da Garda Civil de Noia, A Coruña, no mes de xuño do ano 2010.

Nada máis chegar, a vítima puido observar que os seus compañeiros non lle ofrecían un trato adecuado, pois non lle devolvían o saúdo militar e gardaban unha actitude cortante. Ó pouco, enterouse de que o Cabo Primeiro menciounou, antes da chegada da vítima ó posto, que en breves incorporaríase un “maricón”. Os Garda Civís procesados comezaron dende a súa chegada ó Acuartelamento a difundir rumores referentes á súa orientación sexual.

A vítima tivo que aguantar comentarios de carácter homófobo tales como “los maricones no deberían estar en la Guardia Civil”, que «era homosexual” con carácter despectivo, nomeándoselle como «Prima» ou «Perla«, «la mujer del puesto«, e seguidas frases como «muerte a los maricones«, «arriba España y muerte a los maricones«, «prefiero tener un hijo muerto o drogadicto que maricón«, e tamén se lle empeza a tildar de «vago, incompetente y mal profesional

Os anteditos comentarios referentes á súa suposta orientación sexual chegaron a ser moi difundidos tanto no Acuartelamento coma no entorno dos procesados e con trascendencia na localidade de Noia, xa que incluso algúns detidos, coñecidos dos Gardas Civís procesados, chegaron a burlarse do Garda Civil chamándolle “maricón”, e expresando que lles dixeron que se o engatusaban lles deixaría saír para fumar. Outro exemplo do bochorno que sufría a víctima produciuse nunha cafetería da localidade, onde o camareiro fai un comentario dicindo que «si ese era el Guardia Civil homosexual, que si se lo quería follar, le arreglasen una cita con él«.

Os procesados Gardas Civís máis veteranos do Acuartelamento de Noia actuaron dunha maneira concurrente, conxunta e persistente, de proferir un constante hostigamento, humillación e vexación da vítima, a quen se comenzou singularizando pola súa atribuida condición de homosexual. Esta conducta grupal iniciuse cos comentarios e rumores que o Cabo Primeiro comenzou a difundir, con anterioridade á incorporación ó destino de dito Garda Civil. O resto dos procesados mantiveron unha participación nunha conducta colectiva de crítica, comentarios alusivos, bromas e humillacións, que chegou a estar completamente normalizada por este grupo e que se mantivo durante un dilatado periodo de tempo.

Tamén perxudicaron laboralmente á víctima, posto que lle derivaban actuacións ó seu horario de servizo para que se encontrase sobrecargado de traballo, mentras eles se xactaban de que non tiñan moito que facer, ou lle encomendoban a realización de actuacións referentes a violencia de xénero para posteriormente atribuírense o traballo realizado.

Pasividade do superior xerárquico

A víctima comezou a percibir que o seu superior xerárquico, o Sarxento, lle facía moitos reproches sobre cuestións profesionais, tildándoo de pouco competente e vago. Nas diferentes ocasións nas que o Garda Civil se dirixiu ó Sarxento para explicarlle que os seus compañeiros lle dispensaban un trato inadecuado, éste limitouse a decirlle que non fixese caso. Ademáis, dos problemas laboráis tamén se queixou ó Sarxento, se ben percatouse da pouca receptividade de este mando.

Consecuentes danos psicolóxicos e psiquiátricos

Estes feitos transcurriron de maneira ininterrompida desde o mes de xuño de 2010 ata novembro de 2014, cando o Garda Civil tivo que ser atendido no Centro de Saúde de Bertamiráns, por unha crise de ansiedade e derivado á Unidade de Psiquiatría do CHUS, tras ter un incidente no traballo cun compañeiro. Actualmente, a vítima atópase en situación de baixa para o servizo por razóns médicas, precisando a intervención de profesionais da saúde mental dende 2014, e recibindo atención psicolóxica e psiquiátrica, presentando un cadro crónico e complexo de larga duración, diagnosticado como un trastorno mental severo.

Fundamentos xurídicos

Código Penal Militar de aplicación

O primeiro a debatir é o Código Penal Militar que debe ser aplicado, se o Código Penal Militar de 1985, en vigor no momento da comisión dos feitos que se enxuizaron na presente causa ou o Código Penal Militar aprobado por Lei Orgánica 14/2015, de 14 de outubro, en vigor a partires do 15 de xaneiro de 2016.

Finalmente, a Sala optou por acudir ó código sustantivo máis favorable para os procesados, entendendo que o desvalor do inxusto afectante ós bens xurídicos contidos na rúbrica do capítulo terceiro do Título II, do Código Penal Militar de 2015 (delitos contra a disciplina, abuso de autoridade), queda comprendido no artigo 48 do mesmo Código Penal Militar, aprobado pola Lei Orgánica 14/2015, de 14 de outubro, tratándose precisamente do precepto penal máis amplo que castiga a conducta de acoso, tanto por razón de sexo como profesional, e atentado á dignidade personal ou realizar actos de discriminación por razón de sexo, orientación sexual, convicións, opinións, etc.

Polo anteriormente exposto, do análise dos preceptos reseñados, a Sala conclúe que o Código Penal Militar de 2015 é máis favorable para os procesados.

Delito de abuso de autoridade, na súa modalidade de acoso profesional

É evidente que concurre a condición de militares dos suxeitos activos, os Garda Civís procesados, e do suxeito pasivo da acción, a vítima, ó pertenceren todos á Garda Civil. A condición de superior dos suxeitos activos, en relación co Cabo Primeiro, é un feito incuestionado, pero merece maior explicación o análise da concurrencia deste elemento normativo respecto dos outros tres Garda Civís, do mesmo rango que a vítima.

Estes tres Garda Civís son os máis veteráns da Unidade e chegaron a ostentar en diversas ocasións a condición de superior do Garda Civil perxudicado. Así, ós procesados atribúeselles a condición de autores ó abeiro do artigo 28, parágrafo primeiro e segundo, apartado b) do Código Penal, polo que, concorre o elemento normativo do tipo de concepto de superior.

É a importante afectación dos bens xurídicos sinalados a que permite que a Sala considere que os feitos relatados na presente sentenza e no primeiro epígrafe do post, como feitos probados, se atopen perfectamente incardinados no delito de «abuso de autoridade», previsto e penado no artigo 48 do Código Penal Militar de 2015.

Por alusións, este precepto indica que “el superior que, respecto de un subordinado, realizare actos de acoso tanto sexual y por razón de sexo como profesional, le amenazare, coaccionare, injuriare o calumniare, atentare de modo grave contra su intimidad, dignidad personal o en el trabajo, o realizare actos que supongan discriminación grave por razón de nacimiento, origen racial o étnico, sexo, orientación sexual, religión, convicciones, opinión, discapacidad o cualquier otra condición o circunstancia personal o social, será castigado con la pena de 6 meses a 4 años de prisión, pudiendo imponerse, además, la pena de pérdida de empleo”.

Neste caso, cunha pena mínima de 6 meses de prisión e unha máxima de 4 anos, a Sala impón 10 meses de prisión, pena que quedará suspendida por non acadar os 2 anos, e suspensión de cargo público polos 10 meses da pena principal, cando podía imponerse a perda do emprego.

Indemnización polos danos causados

A Sala considera axustado fixar unha indemnización de 10.000 euros por danos psicolóxicos e morais, sen diferenciar ambos, fixando o importe en atención á intensidade do ataque contra a dignidade da vítima, as condicións particularmente tal intensas en que se levou a cabo, a afectación persoal e profesional para o desenvolvemento da vida profesional cotiá que sufríu a vítima a consecuencia dos feitos, tal e como quedou constatado a través da proba pericial, mediante a cal se acreditou o deterioro psíquico no que se encontra o Garda Civil.

Dilacións indebidas

Concurre a atenuante de dilacións indebidas, prevista no apartado sexto do artigo 21 do Código Penal, «la dilación extraordinaria e indebida en la tramitación del procedimiento, siempre que no sea atribuible al propio inculpado y que no guarde proporción con la complejidad de la causa», toda vez que os feitos producíronse entre os anos 2010 e 2014.